::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Saída cultural dos alumnos de 2º ESO á Costa da Morte
Xeografía e Historia / venres 18 de abril do 2008
 
Os días 3 e 4 de abril os alumnos de 2º ESO do CPI de San Sadurniño acompañados polos profesores José Pantín e Crisanto Poveda realizaron unha saída cultural visitando o día 3 de abril lugares da Costa da Morte como: o castelo de Vimianzo, a virxe da Barca e o concello de Muxía, o Museo do mar e a lonxa de Fisterra e viron a posta do sol dende o faro de Fisterra. O venres día 4 de abril visitaron o Castro de Borneiro, o Museo da cerámica e o forno de Buño, o porto e a vila de Malpica,o parque de Arteixo e de regreso pola tarde estiveron no Pasatempo en Betanzos. O dia 3 pernoctaron no Hostal O Areal de Fisterra e día 4 xantaron no restaurante A Ronda de Arteixo. A saída cultural foi un gran acerto tanto polo trato dos guías do museos moi adaptados para os nenos/as, como polo bo tempo que fixo eses dous días e as maravillosas paisaxes que poidemos observar.

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft