::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
DE ROSAS, DE CÓMICS E DO 23 DE ABRIL (DÍA DA FEIRA DE MOECHE E... DO LIBRO)
Biblioteca / mércores 23 de abril do 2008
 

Abril foi alcumado como o mes máis cruel polo poeta inglés Thomas Stearns Eliot e así podería semellalo, cando menos literariamente se nos fixamos en que foi neste mes, concretamente no día 23 de abril de 1616, cando morreron Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Claro que tamén nesta data naceron escritores, coma por exemplo, o o estadounidense de orixe rusa Vladimir Nabokov ou o filandés Halldór Laxness. Ademais, resulta que Shakespeare realmente morreu dez días despois de Cervantes, porque na Inglaterra daquela época usaban aínda o calendario xuliano que tiña unha diferenza de dez días co gregoriano, usado na España da época.

El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho. (Miguel de Cervantes)

Dad palabra al dolor: el dolor que no habla, gime en el corazón hasta que lo rompe. (William Shakespeare)

La pluma es la lengua de la mente. (Miguel de Cervantes)

Somos del mismo material del que se tejen los sueños, nuestra pequeña vida está rodeada de sueños. (William Shakespeare)

E ben mirado tan pouco semella moi triste este mes no que abrochan as árbores e chegan os cucos... Este mes que abre a primavera (de aí o seu nome que provén do latín APRILIS derivado de APRIRE, que significa abrir). Así que, por non continuar divagando podemos convir en que como di o refrán castelán “A abril alabo si no vuelve el rabo”.

Os que concilian a celebración da primavera e dos libros son os cataláns, que neste día, que eles chaman Diada de Sant Jordi, agasallan ás súas persoas queridas con libros e rosas. E seguramente moitos con cómics, aproveitando que se ven de celebrar en Barcelona o XXVI Salón Internacional do Cómic, no que se realizaron numerosas actividades e exposicións (entre elas unha dedicada a conmemorar o cincuentenario do nacemento de Mortadelo y Filemón) e se decidiu declarar a Galicia convidada de honra para o próximo ano. Por certo e xa para rematar, sabías que son moitos os que consideran as Cantigas de Santa María de Afonso X como un antecedente da banda deseñada? Pois si, correspóndense perfectamente coa definición que ofrece a Galipedia: Un cómic ou Banda Deseñada é unha forma de arte visual que por medio de viñetas ilustradas forma unha historia secuenciada visualmente.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft