::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
VERMES DE SEDA
Primaria / xoves 24 de abril do 2008
 

Como tódolos anos coa chegada da primavera, nacen dos ovos os vermes da seda. En xuño do 2007 as bolboretas da seda puxeron moitiiiiisimos ovos un pouquiño antes de morrer e gardámolos nunha caixa ata agora. Os vermes nacen na primavera cando a temperatura é a axeitada, isto ten lugar aproximadamente pola Semana Santa ( a primeira lúa chea da primavera). Tamén hai que ter en conta que as moreiras (árbore da que as súas follas sírvenlles de alimento) teñan as suficientes follas.

Este ano imos seguir o seu ciclo vital pola páxina web.

O primeiro que fixemos foi preparar o lugar onde expoñelos. Os nenos de 4º prepararon un recipiente de vidro e montáronno nunha mesa na entrada do primeiro andar. Dentro do recipiente colocaron unha caixa de cartón con un casulo cheo de ovos. Destes ovos xa naceran as primeiras larvas e seguiron nacendo co arrecendo das follas frescas de moreira. Os nenos dos diferentes cursos estannos a cuidar por semanas. Seguiremos informando do seu desenrolo desde esta páxina.

JPG - 53 KB

JPG - 62.5 KB

JPG - 48.6 KB

JPG - 35.9 KB

JPG - 42.7 KB

JPG - 68.4 KB

JPG - 85.4 KB

JPG - 48.9 KB

JPG - 74.1 KB


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft