Este ano os alumnos e alumnas de 4º ESO visitaron Tenerife (visitaron, disfrutaron, invadiron, arrasaron...).
Aí van unhas mostras en forma de fotos do que pasou nesa semana do 9 ao 16 de Abril. Seguramente outras cousas que pasaron non se poden poñer en foto.
A pesar de que os comezos da viaxe non foron moi brillantes se nos referimos ao comportamento...o grupo recapacitou e o resto da semana foi de sobresaliente (polo menos o que nos, os profes, vimos...)
En xeral creemos que foi unha semana divertida, e da que moitos se lembrarán, senón agora, sí máis adiante.
Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft