::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
EXPOSICIÓN SOBRE ESCHER
Escher e as Matemáticas
Matemáticas / xoves 9 de outubro do 2008
 

Escher (1898, 1972) debuxante holandés de obras aparentemente nauralistas que esconden tras elas a imposibilidade do que parece evidente.

Exposición Escher 40

Moitos matemáticos da época quedaron fascinados coa súa obra e mesmo mantiveron correspondencia con Escher para enviarlle construccións imposibles que poidera utilizar nos seus debuxos. figurasimposibles

É o caso do matemático Penrose, quen fascinado pola súa obra envíalle a seguinte escaleira Exposición Escher 2 coa que Escher debuxa un edificio habitado por monxes que pasan as horas do día subindo ou baixando a escaleira?? Exposición Escher 3 Os alumnos de san Sadurniño tamén intentaron entender a escaleira de Penrose, na que subindo sen parar chegamos ó punto de partida Exposición Escher 1

Outra construcción imposible é o Tribar Tribar1 Tribar3 Tribar3 coa que Escher fai este cadro: tribar0 Exposición Escher 4 ¿Serías quen de construilo? Fíxate nas columnas, na orientación das plantas do edificio, e no "cubo" do home sentado no baixo.

Outro dos temas recurrentes na obra de Escher son os mosaicos Exposición Escher 5

tamén ó xogo coas dimensións ( o plano, o espazo, o movemento,...) Exposición Escher Reptiles

Dentro das actividades propostas sobre a obra de Escher, os alumnos tentaron reproducir o mosaico de reptiles, Reptiles

Traballaron con diversas figuras xeométricas para estudar cales delas teselan o plano, Mosaico1

e tentaron reproducir algún dos famoso mosaicos da Alhambra de Granada, como o dos ósos nazaríes Mosaico3 Mosaico2

Unha pequena introducción á topoloxía (rama matemática da Xeometría) ven da mano da banda de Moëbius Moebius

E por último unha mención ás xeometrías non euclídeas: Noneuclidea1

Escher sérvese deste tipo de construccións para aproximar o infinito mediante series. Escher conta que cando lle enviou unha copia ó matemático Coxeter, este dixo: "Moi fermoso pero bastante trivial e euclidiano, os límites circulares son bastante máis interesantes, posto que non son euclidianos". noneuclidea2 Escher traballa nas súas últimas obras co círculo límite noneuclidea3


mosaicos

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft