::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
semana da ciencia na coruña
Física e Química / mércores 19 de novembro do 2008
 
O martes 18 de novembro, os alumnos de 4º e 3º de ESO fixeron diversas actividades relacionadas coa ciencia para conmemorar esta semana dedicada á mesma. Así, os de 4º ESO, despois dunha charla sobre as implicacións da quimica e da bioloxía na sociedade actual, visitaron dous laboratorios de investigacion, un de quimica orgánica e outro de microbioloxía. Puideron observar un par de microorganismos ao microscopio, ver como os ultrasons son capaces de aburatar un papel de aluminio, comprobar como é posible baixar a temperaturas próximas aos 80ºC baixo cero enfriando metanol, ou comprobar que, en caso de emerxencia, hai que saber usar as duchas e o lavador de ollos. Finalmente baixamos ao campus de Elviña para ver como traballan no departamento de xeoloxía con algúns fósiles atopados en Gal¡cia. Mentres os alumnos de 3º ESO visitaron o instituto de meteoroloxía e viron como se soltaba un globo sonda para tomar datos de temperatura e presion a distintas alturas ata os 25 km. Despois de xantar no comedor universitario e unha volta por un centro comercial, de volta para sansa. En definitiva, unha visita interesante (?), sobre todo para os que rematen na senda da ciencia no intento de dar explicacións a todas esas preguntas que nos facemos.

microbioloxía
química orgánica
xeoloxía

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft