::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
CESTA DE NADAL 2008
Física e Química / domingo 30 de novembro do 2008
 
Na foto que se xunta podedes ver parte da selección de produtos de Nadal que se sorteará o próximo 15 de Decembro entre todos aqueles que comprastes un cupón. O diñeiro recadado serviralle aos alumnos de 4º de ESO para financiar a súa viaxe fin de curso. Os produtos escollidos son de primeira calidade e están valorados en preto de 230 euros. A lista completa comprende, entre outros, un xamón de reserva Navidul co seu coitelo e tabla para cortar, chourizo e salchichón ibéricos, Whisky Chivas Regal de 12 anos, 2 botellas de cava Freixenet, 1 botella de Albariño, unha de Rioja e outra de sidra, medio litro de aceite de oliva virxe de 1ª calidade, surtido de mantecados e polvoróns, bombóns, varias tabletas de turrón duro, brando e de chocolate, froitos secos chocolateados, figos e orellóns, espárragos, froita en xarope e marmeladas.

cesta de nadal

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft