::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
CHARLA-COLOQUIO MIGUEL GRIOT
Física e Química / luns 1 de decembro do 2008
 
Unhas fotos da conferencia impartida por Miguel Griot, un escritor salmantino moi novo, sobre o seu libro "Iqbal Masih, lágrimas, sorpresas y coraje". O tema da explotación infantil no terceiro mundo enganchou rapidamente aos rapaces e todos puidemos disfrutar dunha hora moi amena, na que non so nos aproximamos un pouco máis a ese interesante proceso que ás veces é a construcción dun libro, senón tamén se nos invitou á reflexión nun tema tan duro como este. Un dez para os rapaces de todos os cursos da ESO do CPI, que asistiron á charla cunha atención exquisita, e que participaron no coloquio final cun montón de preguntas que demostran o seu interese polo tema. Un libro como a vida, un libro sobre a vida, polo menos esa vida que tamén existe nalgún lugar, e da que moita xente parece non querer saber. E como na vida, ás veces, non hai finais felices...

na exposición
expoñendo
firmando libros

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft