::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Visita dos alumnos e alumnas de 4ºESO a IES de Ferrol
Física e Química / xoves 15 de xaneiro do 2009
 
O Departamento de Orientación, como todos os anos, levou aos rapaces de 4ºESO do CPI de San Sadurniño a 3 institutos de Ferrol para que viran, in situ, como se organizaban neles os estudos de Bacharelato e módulos formativos, e tivesen un pouco máis clara a súa decisión á hora de elixir o camiño académico ou profesional o ano que vén. En concreto estivemos no IES Leixa, No IES Marqués de SuanZes e no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Do primeiro, onde non hai cursos de ESO, senón só de Bacharelato e módulos formativos de artes gráficas e da rama sanitaria, sorprendeu o seu pequeno tamaño, a limpeza das súas instalacións e o ben equipado de material que está. O segundo é un centro enorme con moito alumnado de ESO, bacharelato, módulos, PCPis, adultos...onde cabe salientar o seu nivel en módulos de automoción, soldadura, madeira ou electrónica. O último é un centro con lineas de bacharelato e módulos especializados no ámbito de comercio, secretariado, informática, etc. Nel destaca a súa notable dotación informática. Aí vos quedan algunas fotos do percorrido que nos levou toda a mañá

Rodolfo Ucha Piñeiro-aula de informática
Rodolfo Ucha Piñeiro-aula de informática

Leixa-módulo de impresión gráfica
Leixa-módulo de auxiliar de enfermería
Leixa- Laboratorio de FeQ
Rodolfo Ucha Piñeiro-Salón de actos
Marqués de Suanzes-taller de automoción
Marqués de Suanzes-Taller de madeira

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft