::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Suspensión da actividade escolar
O luns 9 de febreiro
xestionweb / domingo 8 de febreiro do 2009
 

A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante), circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da comunidade educativa.

Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acorda a suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do día de mañá, luns, 9 de febreiro.

Co obxecto de garantir que todos os afectados poidan ser informados oportunamente da decisión adoptada e se lles preste a axuda que poidan precisar, a dirección dos centros garantirá a presenza nestes do persoal que asuma tales tarefas.

Santiago de Compostela, a 8 de febreiro de 2009.

O Secretario Xeral


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft