::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
MULLERES NA CIENCIA
Matemáticas / martes 28 de abril do 2009
 

Visita a exposición e intenta solucionar o Xogo das Pistas .

Atopa a muller matemática que se corresponde con cada unha destas pistas:

1.Contribúe a dar unha base matemática sólida á teoría da relatividade....

2.Primeira muller rexistrada na historia da ciencia hai uns 4300 anos...

3.Estudiaba polas noites a escondidas dos seus pais, que pensaban que unha muller científica xamais casaría...

4.Sacerdotisa de grande poder, matemática e astrónoma, que xa resolvía ecuacións de 3º grao...

5.Non puido estudar na Escola Politécnica de París; carteouse con matemáticos da talla de Lagrange e Gauss...

6.Foi a nai do que hoxe chamamos software; é a “inventora” do concepto de subrutina; unha linguaxe de programación leva o seu nome...

7.Non podía estudar en Rusia, así que casou e marchou a Heilderberg e Berlín onde estudou con Weierstrass...

8.Fixo estudos sobre os números primos e o famoso teorema de Fermat...

9.Tras moitos intentos infructuosos, e sendo xa doutora, conseguiu ser profesora de matemáticas en 1889...

10.Tiña unha grande habilidade para calcular as eclipses debido quizás os seus estudos en Mesopotamia...

11.O seu pai quería que estudara pero a súa nai non. Seu pai morreu e tivo que ser o seu irmán o que lle axudara a recibir formación...

12.Descubriu 8 cometas e 3 nebulosas, axudou na construcción de telescopios e colaborou no descubrimento de Urano...

13.As mulleres non se consideraban cidadáns, e quizás por iso en lugar de valorar a súa capacidade matemática preferiuse crer nos seus poderes sobrenaturais...


Lucrecia Herschel
Lucrecia Herschel

Agaonike
Heduanna
Sophie Germain
Marquesa de Chatelet
Ada Byron
Kovalevskaya
Mileva Maric
Organizadores da exposición

Solucións

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft