::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
MEDINDO O RADIO DA TERRA
Física e Química / luns 30 de marzo do 2009
 
Co motivo de celebrar o ano internacional da astronomía, tal como foi designado este 2009, os alumnos de 4º de ESO participaron, xunto con outros centros de toda España, e diferentes partes do mundo, nunha actividade conxunta relacionada coa astronomía. Consitía en ir seguindo a evolución da sombra que proxectaba un pao no chan (gnomon) para descubrir o momento en que era mímima, momento no que o sol estaría na súa altura máxima. Unha simple razón trigonométrica permitiu descubrir o ángulo de elevación do sol e, por extensión, e medindo a distancia a un punto común a tódolos centros, que foi tomado o paralelo 40, púidose determinar aproximadamente o radio do planeta. Despois da participación de máis de 500 centros o resultado para o radio da terra aproxímase aos 5983 km. o cal supón só un 6% de erro respecto ao valor real, sobre os 6371 km. Está moi ben tendo en conta o sinxelo do método e do instrumental empregado. En San Sadurniño, separado 392 km do paralelo 40, obtivemos unha sombra mínima sobre as 13:40 (hora local). Nese instante, o chamado mediodía solar, o sol elevábase uns 49.1º sobre o horizonte. Felicidades a todos porque participando fixeron un pouco de ciencia en acción e aprenderon a formar parte dunha idea global, con todos os incentivos que iso conleva...



Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft