::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
RESERVA DE PRAZA 2010-2011
Dirección / domingo 21 de febreiro do 2010
 
Infórmase que entre o 1 e 31 de marzo deste 2010 pódese facer a reserva de praza para o próximo curso no CPI San Sadurniño. Como non soe haber problema co límite de prazas non se especifican os criterios de admisión. En todo caso rexe o decreto 30/2007 e a orde que o regula, a do 17 de marzo de 2007 (DOGs do 16 e 19 de marzo de 2007 respectivamente) e se houbese problemas, a lista de admitidos e excluídos poríase antes do 30 de abril. Para formalizar a solicitude haberá que cubrir o anexo II que se atopa na citada orde, tamén dispoñible na secretaría do centro. Os centros adscritos xa fixeron a reserva correspondente entre o 1 e o 15 de febreiro. Lembramos que a matrícula hai que formalizala entre o 20 e o 30 de xuño en educación infantil e primaria, e entre o 25 de xuño e o 10 de xullo para o de ESO que aprobe na convocatoria ordinaria. E do 1 ao 10 de setembro para o que acuda á convocatoria extraordinaria.

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft