::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
UN CONTACONTOS DIFERENTE.
biblioip / luns 8 de marzo do 2010
 

Mañá xoves, 9 de Marzo, a Biblioteca Pública Municipal organiza unha actividade que conta coa presenza da ilustradora e contacontos Marisa Irimia que desenvolverá unha sesión de “Kamishibai” ou contacontos a través dun teatriño xaponés. Esta sesión de contacontos, está dirixida aos nenos de Educación Infantil e primeiro, segundo e terceiro curso de Primaria e comezará ás 10:30 horas para os máis pequenos na Biblioteca Municipal.

Quén é Marisa Irimia? É unha autora de numerosas ilustracións para libros de literatura infantil e libros de texto, e dedica tamén gran parte do seu tempo a proxectos didácticos e recreativos de fomento á lectura, en toda a comunidade galega. Actualmente, imparte obradoiros de ilustración en diversos concellos de Galicia e colabora regularmente coas editoriais Oxford-Planeta, Casals e Xerais no marco de actividades de animación á lectura e contacontos.

JPG - 41.9 KB
Marisa Irimia e o seu kamishibai.

JPG - 31.2 KB
O gato sol: un dos seus personaxes

Qué e o kamishibai? O Kamishibai significa "teatro en papel"e unha forma de contar historias que se orixinou nos templos budistas de Xapón no século XII pero que ainda continúa vixente hoxe en día. Consiste nun teatriño no que se introducen unhas láminas dun conto con debuxos por un lado e polo outro o texto, de xeito que mentras os espectadores miran o debuxo o contacontos vai lendo o texto.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft