::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
FELICIDADES A SILVIA FERREIRO
Dirección / sábado 27 de marzo do 2010
 
Onte, día 26 de marzo, no conservatorio de música de Santiago, fíxose a entrega oficial dos premios extraordinarios de ESO, tanto ao rendemento académico como os de esforzo e superación persoal. O mesmo Conselleiro de Educación, D. Jesús Vázquez, fixo entrega do correspondente a Silvia Ferreiro, a nosa ex-alumna cun importante problema de visión. Aquí podedes ver o video do momento e unhas fotos conmemorativas. Foi un acto moi emotivo que os 40 premiados seguro que lembrarán o resto das súas vidas. Os nosos parabéns para Silvia, para a súa familia e os profesores que, ao longo destes anos, tiveron a sorte de darlle clase.

grupo
sivia

video

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft