::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
EN ABRIL LIBROS MIL.
biblioip / luns 19 de abril do 2010
 

Chega de novo o mes de Abril e con el unha época de celebración para todas as bibliotecas; datas nas que os libros son os protagonistas:
-  2 abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
- 23 de abril, Día mundial do libro e dos dereitos de autor.

Desde a biblioteca de Infantil e Primaria, e coa nosa mascota Sansiño as actividades que temos programadas son:

- "Un teatro de papel" na que os maiores interpretarán un conto aos pequenos usando a técnica do kamishibai. Así:
- 6º de E. Primaria , «O soldadiño de chumbo», conto popular de Ch Andersen.
- 5º de E. Primaria, «O gato con botas», conto popular de Perrault.
- 4º de E. Primaria, «O xastriño valente», conto popular dos Hermanos Grimm.
- 3º de E. Primaria, «Hans e a princesa», conto de tradición oral de Noruega, de S.Jorgesen.
- 2º de E. Primaria, «A cenoria xigante», conto de tradición oral de Rusia.
- 1º de E. Primaria, «“Por que hai tantas pedras no río?”», conto de tradición oral de África (Chad).

JPG - 43.7 KB
Panel informativo.

JPG - 29.5 KB
Hoxe presentan...

JPG - 36.7 KB
Carteleira: O soldadiño de chumbo.

- Proposta de debuxos na aula sobre o conto representado e elaboración dun marcapáxinas conmemorativo do Día do Libro que recibirán como agasallo os espectadores de cada sesión.
- Maratón de lectura no Centro cultural de San Sadurniño por parte dos alumnos que farán unha lectura do seus libros preferidos, actividade organizada en colaboración coa Biblioteca Municipal.



Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft