::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
ARRANXO DA CUBERTA DO PATIO
Pais e Nais / xoves 22 de xullo do 2010
 

San Sadurniño - A Consellería de Educación inicia as obras da cuberta do patio do CEIP de San Sadurniño Jueves, 22 de Julio de 2010

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación investirá un total de 200.934 euros nas obras que permitirán cubrir o patio do CEIP de San Sadurniño. Os traballos iniciáronse onte e responden, tal e como indicaron desde a Xunta, a unha vella demanda do propio centro e do Concello. Da intervención beneficiaranse os 280 alumnos que, repartidos en dezaséis grupos, estudan no mencionado centro escolar. Os traballos consistirán na colocación dunha nova cuberta no patio, que precisará tamén a substitución da actual estrutura metálica que a soporta; na instalación de baixantes e canalizacións que conectarán coa rede de pluviais e dun novo alumeado, e na reposición do pavimento, segundo indicaron desde a administración autonómica. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, cumpre tamén con esta intervención o compromiso de axilizar o máximo posible a cubrición do patio, tal e como manifestou trala xuntanza mantida co concelleiro de Educación de San Sadurniño, co director do centro e co vicepresidente da ANPA o pasado mes de marzo. As obras estarán rematadas para o inicio do vindeiro curso.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft