::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
FESTIVAL NADAL 2010
O DIA 22 CELEBRAMOS O FESTIVAL DE NADAL NO COLEXIO
Pais e Nais / xoves 23 de decembro do 2010
 

O pasado dia 22 de decembro celebramos o festival de nadal no CPI a mañá comezou coa actuación de " Peter Punk" que nos fixo rir a todos, pequenos e maiores cos seus malabarismos e as suas ocurrencias e ainda por riba lle da un tartazo o noso director ¡¡ que atrevemeto!!!.

Logo de deixar a Guillín ( o director ) todo pringado decidimos pasar a cantar panxoliñas que alomenos ia ser mais tranquilo o asunto.

Comezaron a actuación de Panxoliñas os rapaces de secundaria acompañados a guitarra por Daniel o mestre de francés que non o fixeron nada mal a continuación cantaron os nenos de infantil e primaria que estiveron expectaculares e pa rematar cantamos os adultos entre os que estaban mestres, pais, nais e membros da ANPA (fixemos o que puidemos).

Despois de tanto cante entregaronse os premios dos concursos de postais, contos e poesias de nadal e como remate chegou Papa Noel no seu trineo tirado por cans, xa que os renos non están acostumados o noso clima e a nosa choiva. Trouxo unha chea de pandeiretas pa que os nen@s toquen e canten moitas panxoliñas no nadal.

Esperamos que o festival fose do voso agrado, fixemos todo o que poidemos e po ano que ven tentaremos facelo ainda millor se se pode.

BO NADAL E BO ANO 2011

ANPA CPI SAN SADURNIÑO


Actuación de Peter Punk
Actuación de Peter Punk
Actuación de infantil e pimaria
Actuación dos adultos
Con acordeoista e todo!!!
¡¡¡que ben o pasamos!!!
PAPA NOEL!!!
¡¡ MENUDA SORPRESA!!!

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft