::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ
biblioip / martes 8 de febreiro do 2011
 

Ola rapaces e rapazas! Durante o mes de xaneiro a miña proposta foi descubrir a Wangari Maathai, premio Nobel da Paz no ano 2004.

JPG - 40 KB
A nosa protagonista:Wangari Maathai

JPG - 7.6 KB
A súa historia.

JPG - 302 KB
E así a coloreamos.

Obxectivo acadado a través das actividades feitas:
- Lectura do libro J. Winter, "Wangari e as árbores da paz" Editorial Ekaré.
- Material didáctico elaborado polo titores dos distintos cursos sobre esta muller e a súa historia.
- Elaboración dunha bandeira conmemorativa do día da Paz.

JPG - 28.8 KB
Unha bandeira

- Mural "Wangari" elaborado en colaboración cos titores, Equipo de convivencia e Equipo de biblioteca.

JPG - 67.3 KB
Participando e...

JPG - 63.3 KB
colaborando no mural

JPG - 61.7 KB
O mural rematado.

- Álbum de cromos para o 1º e o 2º ciclo de Educación Primaria.
- Visualización dunha presentación sobre o libro traballado.
- Panel informativo sobre Wangari.
- Exposición "Libros pola paz" na planta baixa do centro.
- Guía de lectura "Libros pola paz".
- Actividades lim "Wangari" para E. Infantil e 2º ciclo de E.Primaria.

E para rematar celebramos o día 31 de xaneiro, o día escolar pola paz e a non violencia cunha lectura en voz alta por parte dos alumnos de 6º de E. primaria para todos os nenos e nenas do colexio e para os pais- nais que asistiron a este acto mentras se proxectaba a presentación.

JPG - 2.8 KB
Lendo en voz alta

JPG - 52.5 KB
Escoitando a historia de Wangari

Grazas polo vosa participación, e polas ganas de aprender.


LIBROS POLA PAZ

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft