::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
O MECO XA ESTÁ AQUÍ.
Xefatura de Estudios Infantil e Primaria / sábado 26 de febreiro do 2011
 

Durante a semana do 28 de xaneiro ao 4 de Febreiro estará no colexio, o Meco, personaxe do Entroido que cos seus mandados fai que pasemos uns días moi divertidos,

JPG - 41 KB
Quen son?.

JPG - 55.4 KB
O meco Paquito.

e así...

JPG - 37.7 KB
O 1º mandado

O LUNS vés co xersei do revés!!!.

JPG - 39.8 KB
O 2º mandado

O MARTES suma e segue ainda que de tolos che pareza trae algo na cabeza

JPG - 59.4 KB
3º mandado

O MÉRCORES sabes que? trae todo máis un zapato diferente en cada pé!.

JPG - 53.7 KB
4º mandado

O XOVES nariz, cara, bigotes ou ollos trae pintados ata os miolos.

JPG - 62.3 KB
5ºmandado

O VENRES, sorpresa tes que vir con algo que nos faga rir.

E o venres día 4 de febreiro as 12:30 horas desfilaremos ata a Praza do Concello cos disfraces feitos na aula. En caso de choiva o faremos no pavillón. Este curso o tema do entroido é o marabilloso mundo dos contos e Carapuchiña vermella e o lobo, O soldadiño de chumbo e a bailarina, Brancaneves e os ananos, Os dálmatas...invadirán as rúas de San Sadurniño. Estades invitados a participar! Feliz entroido a todos e todas!


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft