ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2011-2012
Dirección
/ venres 11 de marzo do 2011
|
Do 1 ao 31 de marzo, está aberto o prazo de SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE NOVOS ALUMNOS/AS para o vindeiro curso (2011/2012). O alumnado que desexe iniciar a sua escolaridade en 4º de Educación Infantil (3 anos) será o nado no ano 2008. Os impresos de solicitude poden recollerse na secretaría do centro (ubicada na planta baixa do Edificio de Educación Secundaria) e serán entregados dentro do prazo establecido na secretaría do colexio. Os alumnos/as que xa están matriculados no presente curso escolar no colexio teñen a reserva de praza xa feita para a continuidade no mesmo o vindeiro curso. Se algún alumno vai cambiar de centro, terán que facer a solicitude de admisión nese centro no prazo establecido (do 1 ao 31 de marzo) e comunicalo á sua vez no noso colexio.
O calendario de todo o proceso é o seguinte:
Do 1 ao 31 de marzo. Presentación de solicitudes de praza.
Antes do 30 de abril. Publicación das listaxes provisionais de admitidos.
Do 20 ao 30 de xuño. Formalización da matrícula dos alumnos admitidos.