::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
PROGRAMA DE INTERVENCIÓN EN MATERIA DE IGUALDADE.
Xefatura de Estudios Infantil e Primaria / luns 21 de marzo do 2011
 

Durante os meses de Marzo e Abril os alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria participarán nun programa de Intervención en materia de Igualdade organizado polo Concello. A proposta consiste en traballar os seguintes contidos en dúas sesións de 1 hora de duración e distribuidos da seguinte forma:
- Somos iguais, somos diferentes no 4º e 5º nivel de E.Infantil.
- Unha mirada crítica no 6º nivel de E.infantil.
- O reparto das tarefas doméstica de 1º a 3º de E. Primaria.
- Roles e estereotipos de 4º a 6º de E. Primaria.

Os obxectivos deste programa son:
-  Sensibilizar ó alumnado de educación primaria e o profesorado sobre a importancia do traballo en igualdade de oportunidades dende as idades máis novas.
-  Coñecer as limitacións ás que as mulleres e os homes están sometidos a causa dos prexuízos inherentes á definición de xénero.
-  Fomentar a prevención da violencia de xénero dende a comunidade educativa.
-  Facilitar ó alumnado os instrumentos e as habilidades necesarias para desenvolver unha percepción crítica ante as desigualdades de xénero existentes na nosa sociedade.
-  Ofrecer á comunidade educativa un programa que permita a súa implicación a través do cal manifesten as súas actitudes respecto a temática.

Grazas Verónica por vir e ensinarnos tantas cousas.

JPG - 6.8 KB

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft