::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
"UN LIBRO LEMBRA", 2 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
biblioip / xoves 31 de marzo do 2011
 

O día 2 de abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co fin de conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen ( 2 de abril de 1805 ), autor de moitos contos como o Soldadiño de chumbo, O Patiño feo, O traxe novo do emperador, A vendedora de mistos...

JPG - 855.2 KB
Hans Chrstian Andersen

Cada ano a IBBY (International Board on Books for Young people) encarga un texto e unha ilustración para o cartel conmemorativo a autores dun país distinto. No ano 2011 é Estonia o país elixido e Aino Pervik a escritora encargada de lanzar unha mensaxe dirixida aos nenos e nenas do mundo e un cartel conmemorativo con ilustracións de Jüri Mildeberg e Jüri J. Dubov que nos amosan unha visión do libro como testemuña dunha época e dun lugar.

JPG - 25.5 KB
Cartel conmemorativo.

E así o 2 de abril e unha data para que animemos aos pequenos e pequenas a descubrir os mundos que habitan nos libros.

E o noso amigo Sansiño ten preparada unha sorpresa para conmemorar esta data "Moitos contos contados e tamén ilustrados" na que as personaxes de Andersen xogarán un papel moi importante e un reto teremos que resolver. Boa sorte a todos e todas.


Lema e cartel 2011

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft