::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
A GRAN VIAXE DOS LIBROS.
biblioip / luns 2 de maio do 2011
 

Ola amigos e amigas:

O venres iniciamos "a gran viaxe dos libros"que na súa mochila irán de casa en casa. Na mochila de E. Primaria atoparemos:
- varios libros para os rapaces/zas en lingua galega, castelá ou en inglés.
- un libro para os maiores.
- un CD de música.
- un DVD de carácter científico-divulgativo para compartir en familia.
- un Caderno de viaxe para escribir comentarios, anotar as nosas impresións, suxerencias, facer un debuxo ...

JPG - 42.8 KB
Preparadas para viaxar.

JPG - 37 KB
Materiais dunha das mochilas en E.P.

Na etapa de E. infantil un libro e uns folletos con suxerencias sobre a importancia da lectura que marcharán a casa os venres. E lembrade este libro o venres vai marchar e o luns ten que voltar. O luns faremos na aula o caderno dos contos viaxeiros cun debuxo por conto escoitado en familia.

JPG - 49.8 KB
En E.Infantil...

JPG - 34.1 KB
Materiais en E.Infantil

Grazas a Anabel, a bibliotecaria municipal pola súa colaboración e por aportar libros, CD, DVD e grazas a todos por participar.

Boa viaxe e felices lecturas!

JPG - 43.3 KB
Boa viaxe...

JPG - 48.2 KB
e felices lecturas

JPG - 1.4 KB

Comunicado ás familias.
Contrato de participación

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft