::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
IN MEMORIAM - JUAN FARIAS
biblioip / xoves 16 de xuño do 2011
 

Xoan Farias.

O día 11 de xuño morreu en Madrid o escritor Juan Farias. Nacera en Serantes - Ferrol en 1935 e na actualidade vivía en Madrid.

Nun dos seus libros, Juan Farias, escribiu esta pequena autobiografía:

Nacín en Galicia, á beira do mar. Fun tripulante dun dos últimos grandes barcos de vela e vagabundo de a pé, de ir ollando solpores, vendimas, torres, cegoñas nas torres e cousas semellantes.Quixen ser bailarín porque o baile é un xeito de voar, pero finalmente, un día deixei de camiñar, volvín á casa e sentei a escribir. Teño cinco fillos, algún que outro premio polos meus libros e unha teima: seguir vagabundeando. O que pasa é que agora o fago polos libros e polas ideas, que tamén paga a pena.

Na nosa biblioteca podedes atopar estes libros seus:

JPG - 2.6 KB
ALGÚNS NENOS, TRES CANS E MÁIS COUSAS

JPG - 1.7 KB
Galegos a beira do mar

JPG - 3.4 KB
O fillo do xardiñeiro.

JPG - 3.4 KB
Años díficiles

JPG - 2.9 KB
Os corredoiras.

JPG - 3.5 KB
Desde o corazón da mazá.

JPG - 3.3 KB
La infancia de Martín Piñeiro.

JPG - 3 KB
El estanque de las libélulas

JPG - 3.1 KB
A sombra do mestre.

Sansiño lémbranos a súa obra:

JPG - 265.2 KB
Exposición na biblioteca

Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft