::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
COMEZA A VIAXE DAS MOCHILAS VIAXEIRAS
biblioip / martes 25 de outubro do 2011
 

Iniciamos de novo este curso unha actividade en colaboración coa Biblioteca Municipal: “Mochilas Viaxeiras”.

A Mochila viaxeira está pensada para reforzar o vínculo entre a familia, a escola e as bibliotecas no seu labor común para a creación e consolidación de hábitos de lectura. Pero sobre todo é unha invitación para disfrutar dos libros en compañía.

Pedimos a vosa colaboración nesta actividade, contándolles os contos aos pequenos, escoitando que eles volos conten a vós, vendo películas xuntos, escoitando música e anotando as vosas impresións e suxerencias.

Hai dúas mochilas con dous lotes diferentes para cada curso. Dentro de cada mochila irá un listado co contido da mesma: unha selección de libros, música, vídeos, xogos de ordenador, … para toda a familia.

Poderedes tela na casa durante dúas semanas: iniciará a súa viaxe un venres e despois de quince días, deberá volver ao colexio para que disfruten dela outras familias.

Xunto cos materiais mandamos tamén o “Caderno de Viaxe” para que cada familia aporte as súas impresións e suxerencias sobre a actividade, os materiais, o libro que máis lle gustou… incluso algún debuxo que ilustre unha sensación, un pensamento. En fin, o que queirades…

É moi importante o coidado destes libros e materiais por iso antes de devolver a mochila comprobade no listado que está todo en bo estado.

JPG - 100.2 KB
COMEZA A VIAXE

JPG - 312.9 KB
MATERIAIS DO 1º CICLO

JPG - 275.3 KB
MATERIAIS DO 2º CICLO


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft