Ruta do río Aceiteiro
senderismo
Xefatura de Estudios Secundaria
/ venres 10 de marzo do 2006
|
Ruta dos muiños do río Aceiteiro ( San Sadurniño). Queredes participar?. Estamos á espera de suxerencias, datas, ou outros proxectos de senderismo.
Imos aló?
Ruta do rÍo Aceiteiro
Percorrido:
7 kms ida e volta. Seremos capaces? imos andando.
Dende o C.P.I. de San Sadurniño salimos con dirección á estrada de San Sadurniño-Valdoviño , continuando ata a capela de Belén. XÍrase a esquerda, pasando polo lugar de Agra de Arriba e continuamos pola estrada de Valdoviño, que actualmente está en obras de ampliación da calzada e xusto antes de chegar a unha pequena ponte, atopase un sendeiro que se desvia a dereita e que vai pegado o rÍo Aceiteiro.
A os poucos metros de empezar a andar por este camiño atopamos o primeiro muiño, o de Ramón, que e o que se atopa en mellor estado de conservación. Remontase o cauce do rÍo e encontramos outros pequenos muiños, ata chegar a unha ponte que pasa por encima da vÍa do tren Ferrol-Viveiro no lugar de Silvalonga, e chegamos ata o grupo dos últimos muiños.
O camiño de volta farase polo mesmo percorrido ata alcanzar o cruce da estrada de Valdoviño e agora tomaremos dirección a dereita para visitar catro novos muiños , o muiño de Saturna que é o que se atopa en mellor estado de conservación , dous pequenos muiños de parcerÍa que están abandoados e cando chegamos á estrada de Pedroso atopase o ultimo muiño do rÍo Aceiteiro. Collemos dirección hacia San Sadurniño pasando pola fonte, cruceiro, igrexa de Santa MarÍa do Rosario e praza do concello de San Sadurniño, para finalizar no patio do colexio.