::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA
Biblioteca / martes 28 de marzo do 2006
 

FUNCIONAMENTO E SERVICIOS DA BIBLIOTECA

A biblioteca estará aberta no horario que figura na porta da mesma.

A) Consulta e lectura na sala:

§ Para consultar ou ler na biblioteca os usuarios poderán coller os libros ou material audiovisual que precisen e, unha vez rematada a tarefa, deberán deixalos no mesmo lugar.

§ A sala funciona tamén como aula de estudo e traballo, polo que cómpre permanecer en silencio.

§ Nos recreos dos martes e xoves, os alumnos poderán consultar Internet, no ordenador da biblioteca, sempre que esté presente o profesor de garda.

§ Non se permite comer nin beber na biblioteca.

B) Servizo de préstamo:

§ Os alumnos e alumnas só dispoñerán deste servizo durante os recreos.

§ Todos os préstamos e devolucións serán rexistrados polo profesor ou alumno de garda no Libro de Préstamos.

§ Cando o libro solicitado fose xa prestado, anotarase a súa reserva no Libro de Reservas co fin de entregarllo ao alumno ou alumna en canto sexa devolto.

§ Non son obxecto de préstamo os diccionarios, enciclopedias e demais manuais de consulta que carezan de tarxeta. Non obstante, excepcionalmente, estas obras de consulta na sala poderanse prestar por un tempo máximo de un dÍa, co corresponente rexistro no Libro de Préstamos.

§ A duración do préstamo será de dez dÍas naturais. Poderase renovar por outros dez dÍas, sempre que o libro non fose reservado.

C) Devolucións:

§ Cando se devolven os libros, entréganselle ao profesor ou alumno de garda para que rexistre a data de devolución e os coloque no lugar correspondente.

§ É obrigatorio devolver os libros dentro da data lÍmite ou solicitar unha renovación. Se reiteradamente se incumpriren os prazos, perderase temporalmente o dereito a levar libros en préstamo.

§ O deterioro ou perda dos libros supoñerá a súa reposición por conta do causante.

D) Suxestións ou reclamacións:

Calquera suxestión ou reclamación relacionada co servizo da biblioteca pódese realizar a través da profesora responsable da biblioteca.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft