::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Rota dos Marqueses de San Sadurniño
Xefatura de Estudios Secundaria / luns 25 de setembro do 2006
 

Rota dos Marqueses de San Sadurniño

Introducción. O itinerario xurde co motivo de unir os dous monumentos históricos máis representativos dos últimos Marqueses de San Sadurniño, Dona Mª de la Natividad Quindós e Vilarroel e o seu home Don Francisco de AsÍs Arias- Davila Matheu e Bernardo de Quiros; o pazo de San Sadurniño, que foi o lugar onde viviron e pasaron a mayor parte do tempo de lecer e o pazo de Baltar, onde están enterrados na súa capela. Aproveitando este itinerario duns 16 kms aproximadamente, tentamos dar a coñecer os/as rapaces/as algúns dos lugares que polo interese histórico, social-económico ou natural-paisaxÍstico poden servir de aplicación nas diferentes áreas do currÍculo escolar. O desenvolvemento do itinerario disponse dunha forma lúdica e deportiva de achegarse o contorno máis próximo do alumnado na forma concreta dunha marcha pedestre dirixida para ó alumnado de Educación Secundaria. Independentemente de que poida servir para outros cursos de Educación Primaria se se fai por partes ou utilizando un medio de transporte axeitado á idade do alumnado.

Ficha do itinerario.

Nome do itinerario: Rota dos Marqueses de San Sadurniño.

TipoloxÍa: Sendeirismo, bicicleta, autocar, etc.

CaracterÍsticas do itinerario: É un itinerario que combina estradas comarcais con estradas locais e pistas agrarias de pouco tránsito rodado, non contan con beirarúas, polo que hai que extremar as precaucións durante o percorrido tanto na cabeceira como no final do grupo.

Dificultade: Dificultade media, se se realiza o camiño dende San Sadurniño con dirección ó Val, xa que a mayor parte do camiño é baixada dende Santa Mariña do Monte ata o Val (Narón).

Loxitude estimada: A lonxitude estimada é de 16 kms, que pode aumentar en 1 km máis se facemos algunhas desviacións par visitar algúns puntos de interese durante o percorrido.

Tempo empregado: Depende da tipoloxÍa e do alumnado a que vaia dirixido, para senderismo e alumnos de ESO, tardarase entre 4 horas e 4 horas e media.

Percorrido: SaÍda do pazo dos marqueses de San Sadurniño atravesando a Avenida dos Marqueses de Figueroa con dirección ó norte, despois de pasar por diante da Capela de Belén e o antigo campo da feira, desviarémonos a esquerda para coller no lugar de Agra de Abaixo a estrada comarcal que une San Sadurniño con Valdoviño. Pasaremos polos lugares de Gunduriz, Silvalonga, Penela e Santa Mariña do Monte e no lugar dos Cazadores no km 4’5, desviaremonos cara a esquerda por unha pista asfaltada entre praderÍas e bosques de repoblación de eucaliptos e piñeiros, ata chegar o lugar de Moimentos, onde se atopa a casa grande de Moimentos, exemplo da arquitectura rural dos fidalgos rentistas do século XIX galego. A escasos cen metros seguindo a pista atopamos a igrexa parroquial de Santa Mariña do Monte, enfrente, hoxe abandoada e cuberta pola maleza está o antigo campo da feira cos seus postos de venda en pedra, tamén neste lugar observamos un bidueiro de gran porte nos seus arredores. Continuamos con dirección o Concello de Narón, pasando por unha zona cha de 300 metros de altura na que deixamos á esquerda os altos de Pereiruga, Nenos e Esperón e á banda dereita as praderÍas e restos dunha explotación agraria na zona do Carbeiral. Neste punto atopase o parque eólico de Monte Nenos e paga a pena facer unha desviación á esquerda para ver dende o monte Nenos a vista panorámica da rÍa de Ferrol. Próximo ó lugar que nos atopamos podemos observar un campo de dezaseis mámoas repartidas polos arredores, moitas foron saqueadas e as súas lousas levadas para a construcción das casas e outras quedaron diseminadas polo contorno como ocorre co marco de Portonovo ou dos tres términos 3-T, unha enorme lousa que serve de separación dos tres concellos : San Sadurniño, Narón e Valdoviño. Continuaremos o percorrido agora xa en baixada dentro do Concello de Narón observando en dirección N e NO, os lugares de Campelo (Narón) e o Val, Meiras e Punta Frouxeira (Valdoviño). No km 7 do itinerario continuamos cara á esquerda para baixar ó lugar da Feira de Sedes, onde tódolos dÍas 13 do mes celébrase a feira do gando, merece destacar en especial a feira do 13 de decembro, na que se celebra a romarÍa de Santa LucÍa á que veñen centos de romeiros a ofrecer os exvotos a Santa LucÍa en agradecemento polas curacións ou favores recibidos. Neste lugar apreciamos unha vista panorámica dos concellos de Narón, Ferrol e Valdoviño e podemos tomar dúas direccións: á dereita por un antigo camiño real que levaba a San Andrés e que nos levará a Sequeiro, ou a esquerda pasando por Sedes e A Carreira. No km 8’5 do percorrido, colleremos a rota da dereita e despois de atravesar na zona do Cabezal a estrada LC 113 que vai dende Freixeiro ata Cedeira chegamos a parroquia de Sequeiro pasando a beira da igrexa parroquial e dun magnifico cruceiro, no km 12 do percorrido, tomamos dirección oeste xa en terreos baixos polos que discorre o regato de San Vicente ou de Cortes pasando por praderÍas, terras de cultivo e modernos invernadoiros da zona do Val, pasamos preto da capela de Santa Margarita na que se conserva un escudo da casa dos Andrade e unha fonte de dous canos co debuxo da orde de Malta e un cruceiro original pola pequena altura do seu fuste. Continuando pola pista asfaltada que vai paralela a estrada C.646 chegamos ó lugar de Baltar, onde atravesamos a estrada C.646 que une Ferrol con Valdoviño pasando por Meiras, na outra beira da estrada e seguindo unha pista de cincocentos metros chegamos á igrexa e o antigo pazo de Baltar punto final do percorrido de 16 kms aproximadamente. A igrexa ten unha fachada de estilo barroco na que destacan as formas circulares do seu campanario e dentro, nunca nave lateral, atopanse as tombas dos últimos Marqueses de San Sadurniño.

Centros de interese histórico-cultural:
-  Pazo dos Marqueses de San Sadurniño
-  Igrexa e claustro de Santa MarÍa a Maior.
-  Capela de Belén.
-  Castro da Croa.
-  Igrexa de Santa Mariña.
-  Campo de mámoas.
-  Capela de Santa LucÍa.
-  Igrexa e cruceiro de Sequeiro.
-  Capela e fonte de Santa Margarita.
-  Igrexa e pazo de Baltar.
-  Fonte barroca de Baltar.
-  Cruceiros.

Centros de interese natural-paisaxÍstico:
- XardÍns do Pazo dos Marqueses de San Sadurniño.
-  Monte Nenos
-  Lugar da Feira do Trece.
-  Val do rÍo San Vicente.
-  Algúns ejemplos de árbores de gran tamaño ( acivros, plataneiros, loureiros, castiñeiros, carballos, etc).

Centros de interese económico-social:
-  Estación do ferrocarril de Feve.
-  Repoblacións de piñeiros e eucaliptais.
-  Casa grande de Moimentos.
-  Parques eólicos de Nenos e Esperón.
-  Feira do Trece.
-  Talleres de estructuras metálicas ( Indunor)
-  Modernos invernadoiros.
-  Zonas de prados e cultivos.

Outros datos de interese:
-  Antigos campos das feiras de San Sadurniño e Santa Mariña.
-  Marco de Portonovo.
-  Rueiro de Sedes.
-  Camiño vello de San Andrés.
-  Muiños do regato de San Vicente.
-  Fontes e lavadoiros.
-  Hórreos de distintos tipos de construcción.
-  Formas de construcción tradicionais e modernas.


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft