::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
Programación de primeiro curso de lingua galega
Xefatura de Estudios Secundaria / luns 25 de setembro do 2006
 

DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA ANO ACADÉMICO : 2005-06 CURSO : 1º EDUCACIÓN SECUNDARIA

MATERIAL
 Libro de texto : “Lingua 1º ESO†Editorial Xerais (ISBN: 84-8302-802-6)
 Caderno de traballo.Lingua 1ºESO .Edit. Xerais (ISBN: 84-9782-182-3)(No caso que teñas un libro dos cursos anteriores podes utilizalo,coméntallo ó profesor)
 Libreta grande(raiada).
 Diccionario de lingua galega (grande)

AVALIACIÓN DO ALUMNO/A :
 Expresión oral en lingua galega.
 Traballos diarios feitos.(Actividades na libreta ordenadas e ben presentadas.Actividades do caderno de traballo feitas a lapis e con boa letra). -Coñecementos adquiridos.
 Probas realizadas orais e escritas .
 Ficha control de libros colectivamente e ficha literaria de libros lidos individualmente: O misterio das badaladas.Autor: Xabier Puente Docampo.Edit. VÍa Láctea. Trece anos de Branca.Autor: AgustÍn Fernández Paz.Edit. Edebé Os gritos das illas Lobeiras.Autor: Antón Cortizas.Edit. SM. Os ollos do tangaleirón.Autor: Xosé A. Neira Cruz.Edit. SM. Avenida do Parque ,17.Autor: AgustÍn Fernández Paz. Edit. SM.

 Os medios de comunicación .A prensa escrita:os xéneros periodÍsticos.Explicación e redacción.
 Recollida de literatura de tradición oral:lendas,ditos,xogos,etc.
 Letras Galegas 2006.Traballo monográfico .
 Colaboración nas actividades da biblioteca e do departamento .
 Comportamento.

OBSERVACIÓNS
 Libros e diccionario( poñer nome ).
 Libreta: Primeira folla: nome ,Lingua galega, nome do alumno e nivel. Segunda folla: empezar á dereira.Poñer a data tódolos dÍas.Exemplo: San Sadurniño, 19 de setembro de 2005. Despois da data ,deixar dous renglóns.Encabeza-las actividades co tÍtulo(Actividades de vocabulario, Actividades de gramática, Actividades de ortografÍa,etc. Enumera as actividades.

L I N G U A G A L E G A E L I T E R A T U R A

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

OBXECTIVOS XERAIS (Primeiro curso)

 Utiliza-la lingua galega, oralmente e por e por escrito,como instrumento para a comunicación interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.

 Utiliza-la lingua galega para a comprensión e para a eleboración e informacións orais e escritas, atendendo ás caracterÍsticas formais de cada unha delas.

 Valora-la lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias históricas que condicionan a súa evolución.

 Coñece-las linguaxes especÍficas e analizar criticamente as funcións sociais dos medios de comunicación de masas.

 Valora-las variedades xeográficas do galego con vistas á aprendizaxe da lingua estándar libre de interferencias e prexuÍzos.

 Identifica-los elementos formais e os mecanismos da lingua nos planos fonético-fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual.

 Recoñece-los elementos temáticos, estructurais e expresivos que caracterizan un texto literario, asÍ como as principais obras, autores e perÍodos máis significativos da literatura galega.

 Ler con fluidez, comprensión e actitude crÍtica, apreciando a literatura galega como patrimonio cultural e como estÍmulo para unha práctica literaria propia.

PRIMEIRO CURSO

CONTIDOS

I .COMUNICACIÓN

 Lectura,recoñecemento e producción de textos correspondentes a diferentes tipoloxÍas: narración, descrición e diálogo

II. LINGUA E SOCIEDADE

 O feito plurilingüe e pluricultural do mundo.
 As orixes do galego: elementos constituÍntes do léxico.
 A realidade lingüÍstica de Galicia : o idioma galego no mapa lingüÍstico español.

III. ESTUDIO DA LINGUA

 Correspondencias entre sons e grafÍas .
 Regras básicas de acentuación e de puntuación.A acentuación nas combinacións vocálicas(ditongo, tritongo e hiato).
 Estructura da palabra.Clases de palabras: substantivo(flexión de xénero e número), adxectivo (determinantes), pronome, verbo(estructura e distinción regular /irregular), adverbio e preposición.
 Léxico: a persoa (as partes do corpo, a saúde, a enfermidade, a vestimenta, os alimentos e as bebidas, o lecer e as afeccións, a vivenda, os sentimentos, a vida espiritual,etc.)

IV. TÉCNICAS DE TRABALLO

 O uso do diccionario e outras fontes de consulta do léxico.
 Análise ( lectura e anotacións) e sÍntese (esquematización e resumo) de textos.

V. LITERATURA

 Peculiaridades da lingua literaria en relación cos outros niveis da lingua. Recoñecemento das carácterÍsticas dos xéneros literarios máis comúns: narrativa, lÍrica e dramática.
 Lectura, comentario e resumo oral/escrito de textos breves (contos, lendas, relatos...), tanto da tradición oral como de autores actuais.

ACTITUDES, VALORES E NORMAS.

 Respecto polas normas básicas de conducta que rexen o intercambio comunicativo.

 Respecto polas regras de coherencia, propiedade e corección que facilitan a comunicación lingüÍstica.

 Respecto pola lingua do interlocutor e rexeitamento crÍtico de expresións que supoñan prexuÍzos lingüÍsticos.

 Valoración crÍtica dos factores polÍticos , económicos e sociolingüÍsticos que condicionaron a evolución da lingua e da literatura galegas.

 Valoración da lingua galega como manifestación cultural colectiva e consideración positiva dos esforzos individuais , colectivos e institucionais a favor da normalización lingüÍstica.

 Valoración dos medios de comunicación de masas na sociedade actual a partir do coñecemento progresivo das súas linguaxes especÍficas.

 Interese pola propiedade expresiva oral e escrita, e polo emprego de locucións, léxico e frases caracterÍsticas da lingua galega.

 Interese pola lectura como fonte de satisfación persoal, de coñecemento e de información.

 Interese por expresa-las propias ideas, sentimentos e fantasÍas mediante diferentes formas literarias.

LINGUA GALEGA E LITERATURA

EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

OBXECTIVOS XERAIS (1º CURSO )

- Utiliza-la lingua galega ,oralmente e por escrito, como instrumento para a comunicación interpersoal e para a comprensión de saberes de calquera tipo.

  Utiliza-la lingua galega para a compresión e para a elaboración e informacións orais e escritas.

  Valora-la lingua galega como propia de Galicia , comprendendo as circunstancias históricas que condicionan a súa evolución.

  Analizar criticamente as funcións sociais dos medios de comunicación de masas.

  Identifica-los elementos formais e os mecanismos da lingua nos planos fonético-fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual.

  Recoñece-los elementos temáticos, estructurais e expresivos que caracterizan un texto literario.

  Ler con fluidez, comprensión ,apreciando a literatura galega como patrimonio cultural e como estÍmulo para unha práctica literaria propia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

 Utiliza-la lingua galega oralmente e por escrito ,de forma máis axeitada á situación comunicativa.

 Utiliza-la lingua galega por escrito para elaborar todo tipo de produccións (descricións, narracións ,diálogos,etc.)

 Utiliza-la lingua galega para elaborar informacións, respectando as convencións ortográficas.

 Identidica-los fenómenos de contacto da lingua galega con outras linguas.

 Integra-los elementos formais e os mecanismos da lingua nas propias produccións atendendo á adecuación das estructuras morfolóxicas e sintácticas.

 Elaborar un sinxelo resumo dunha exposición ou debate oral sobre un tema.

 Debater sobre un tema, trala busca e selección de información, establecendo unha liña argumentativa propia e respectando as regras sociocomunicativas e pragmáticas que rexen o debate.

 Identifica-lo xénero ó que pertence unha obra lliteraria, recoñece-los seus elementos estructurais e os recursos estilÍsticos básicos e emitir unha opinión valorativa sobre ela.

 Producir textos escritos de diferente tipoloxÍa(narrativa, descritiva, expositiva, argumentativa, etc.) ,presentando atención á situación comunicativa e os criterios de corrección establecidos.

LIBROS DE LECTURA

 Os gritos da illas Lobeiras.Autor: Antón Cortizas.Edit. SM

 Laia, a nena da illa . Autora: Ánxela Loureiro.Edit. Xerias

 Avenida do parque,17.Autor: AgustÍn Fernández Paz. Edit. SM


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft