::: Paxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ :::
A Candeloria 2006
Xefatura de Estudios Secundaria / xoves 18 de maio do 2006
 

IV CONCURSO DE POESÍAS DE AMOR DA CANDELORIA OU FESTA DAS CANDEAS 2006

Organiza: Equipo de Normalización LingüÍstica do CPI San Sadurniño

Dende o Equipo de Normalización LingüÍstica deste Centro, consideramos que ademais de ser fundamental a potenciación de calquera acto que espalle a cultura galega, non é menos importante recuperar vellas tradicións que ás veces por diferentes motivos poden perderse . Neste mes de febreiro queremos recuperar a festa da Candeloria, tamén chamada festa das Candeas que, ademais da beizón das velas, simboliza neste dÍa, 2 de febreiro, a festa do amor.

AsÍ pois hai poucos anos na igrexa de San Domingos de Bonaval, na capela do Rosario(Santiago), celebrábase na misa da mañá o casamento de dúas pombas que se ceibaban tralo acto relixioso.

E tamén nalgúns lugares de Galicia, celébrase este dÍa tamén a chamada festa do Pote, como no concello de VerÍn, onde pode haber na mesa cachucha, ovos, cabrito, tortilla, vitela, fideos con azucre, roscas, churros, figos, roscóns, arroz con xarope, noces, laranxas e bica de rixóns, co cal á festa anterior tamén se engade unha celebración gastronómica.

Dende este Equipo pensamos que esta festa do AMOR, non se pode cinxir soamente á vertente do sentimento de atracción fÍsica senón que é un concepto moito máis amplo e que abrangue moitos máis espazos como a estimación á familia, a querencia ós amigos, animais, a terra de nacencia, obxectos persoais de grande valor sentimental,....

Por todo o exposto, o Equipo de Normalización LingüÍstica do CPI San Sadurniño resolve convocar este concurso, co obxecto de recuperar esta vella tradición de noso e obviamente coa finalidade de potenciar o uso da lingua galega.

B A S E S

Tema: O amor en toda a súa extensión.

Modalidade: Poema de amor. Extensión mÍnima vintecinco versos .

Formato e Técnicas: O poema terá que estar mecanografado o en folio informatizado a doble espazo. Co fin de garantir o anonimato e a imparcialidade, o poema entregarase xunto cun sobre pechado no que figure o nome e apelidos do autor/a.

Prazo e lugar de entrega dos traballos: Remata o 8 de febreiro de 2006 e os sobres ou plicas cos traballos entregaranse na SecretarÍa do Centro.

Participantes: Alumnas/os de Educación Secundaria do CPI San Sadurniño.

Número de traballos: Os traballos serán individuais e cada participante poderá presentar tantos como desexe.

Premios: Haberá un premio por nivel. A entrega de premios terá lugar o 18 de febreiro. Por resolución dos membros do Equipo de Normalización LingüÍstica o premio consistirá en libros galegos.

Xurado: Estará constituÍdo por membros do Equipo de Normalización LingüÍstica do CPI San Sadurniño.

Resolución: A data de resolución deste concurso farase pública o 14 de febreiro de 2006.

O xurado que se constituirá para este respecto resérvase o dereito a descualificar calquera traballo que, ó seu xuÍzo, fose realizado por unha persoa diferente ó concursante, empregase a técnica do plaxio ou non achegase a presentación requirida nestas bases

Os traballos que non resultasen premiados poderán ser retirados polos seus autores/as na SecretarÍa do Centro.

O feito de participar neste concurso supón a aceptación de todos e cada un dos puntos destas bases.

San Sadurniño, 27 de xaneiro de 2006.

O Equipo de Normalización LingüÍstica do CPI San Sadurniño.

VI CONCURSO DE CARTAS DE AMOR DA CANDELORIA OU FESTA DAS CANDEAS 2006

Organiza: Equipo de Normalización LingüÍstica do CPI San Sadurniño

Dende o Equipo de Normalización LingüÍstica deste Centro, consideramos que ademais de ser fundamental a potenciación de calquera acto que espalle a cultura galega, non é menos importante recuperar vellas tradicións que ás veces por diferentes motivos (modas, presión comercial, etc..) poden perderse e que son moi de noso. Neste mes de febreiro queremos recuperar a festa da Candeloria, tamén chamada festa das Candeas que, ademais da beizón das velas, simboliza neste dÍa, 2 de febreiro, a festa do amor.

AsÍ pois hai poucos anos na igrexa de San Domingos de Bonaval, na capela do Rosario, celebrábase na misa da mañá o casamento de dúas pombas que se ceibaban tralo acto relixioso. O carácter amoroso deste dÍa está pasando nos últimos anos, e por influxo do consumismo comercial foráneo, a doce dÍas máis tarde, é dicir, por San Valentiño.

E tamén nalgúns lugares de Galicia, celébrase este dÍa tamén a chamada festa do Pote, como no concello de VerÍn, onde pode haber na mesa cachucha, ovos, cabrito, tortilla, vitela, fideos con azucre, roscas, churros, figos, roscóns, arroz con xarope, noces, laranxas e bica de rixóns, co cal á festa anterior tamén se engade unha celebración gastronómica.

Dende este Equipo pensamos que esta festa do AMOR, non se pode cinxir soamente á vertente do sentimento de atracción fÍsica senón que é un concepto moito máis amplo e que abrangue moitos máis espazos como a estimación á familia, a querencia ós amigos, animais, a terra de nacencia, obxectos persoais de grande valor sentimental,....

Por todo o exposto, o Equipo de Normalización LingüÍstica do CPI San Sadurniño resolve convocar este concurso, co obxecto de recuperar esta vella tradición de noso e obviamente coa finalidade de potenciar o uso da lingua galega. B A S E S

Tema:O amor en toda a súa extensión.

Modalidade: Carta ou epÍstola de amor. Extensión mÍnima: un folio informatizado ou mecanografado a dobre espazo, en lingua galega.

Formato e Técnicas:). Co fin de garantir o anonimato e a imparcialidade, as cartas entregaranse xunto cun sobre pechado no que figure o nome e apelidos do autor/a.

Prazo e lugar de entrega dos traballos: Remata o 8 de febreiro de 2006 e os sobres ou plicas cos traballos entregaranse na SecretarÍa do Centro.

Participantes: Alumnas/os de Educación Secundaria do CPI San Sadurniño.

Número de traballos: Os traballos serán individuais e cada participante poderá presentar tantos como desexe.

Premios: Haberá un premio por nivel . A entrega de premios terá lugar o 18 de febreiro. Por resolución dos membros do Equipo de Normalización LingüÍstica, o premio consistirá en libros galegos.

Xurado: Estará constituÍdo por membros do Equipo de Normalización LingüÍstica do CPI San Sadurniño.

Resolución: A data de resolución deste concurso farase pública o14 de febreiro de 2006.

O xurado que se constituirá para este respecto resérvase o dereito a descualificar calquera traballo que, ó seu xuÍzo, fose realizado por unha persoa diferente ó concursante, empregase a técnica do plaxio ou non achegase a presentación requirida nestas bases

Os traballos que non resultasen premiados poderán ser retirados polos seus autores/as na SecretarÍa do Centro.

O feito de participar neste concurso supón a aceptación de todos e cada un dos puntos destas bases.

San Sadurniño, 27 de xaneiro de 2006.

O Equipo de Normalización LingüÍstica do CPI San Sadurniño


Páxina Web Oficial do CPI San Sadurniño - Feita en linux con software libre - Recomendamos o navegador Firefox a 800X600+ | Copyleft