Chamando ás portas do ceo     Jordi Sierra i fabra            

Cuadro de texto: 	Silvia unha xoven estudante de medicina, decide pasar o verán como cooperante na India. Pese ao impedimento do seu pai, e o rexeitamento do seu mozo, Arturo, non da o seu brazo a torcer e viaxa a esa terra descoñecida que parece chamala a berros.
Alí, coñecerá a doutora Roca e ao doutor Giner que se comportaron como uns pais con ela. Tamén coñecerá a Leo, un mozo de aspecto frío e duro, pero que en realidade é comprensivo e tenro, que agocha unha tráxica historia de desamor. Vivirá nas súas propias carnes a dor das mortes por falta de medios e tamén aprenderá a ver a vida, e sobre todo a amo,r a través dos ollos dos indús, grazas a pequena Narayan e ao desesperado Mahendra.
María Silveira 2º

AS NOSAS OPINIÓNS

Cuadro de texto: Pareceume unha novela bastante crible, onde se relata todo dende un punto de vista bastante obxectivo.
Foi unha lectura fácil e amena, aínda que había partes moi cargadas. 
Os personaxes estaban bastante logrados, pero Mahendra en especial, o seu pasado era bastante arrepiante.
O final foi un pouco decepcionante xa que eu esperaba que se quedase con Leo porque Arturo non se portou nada ben con Silvia e non merecía unha segunda oportunidade.
María Silveira 2º
Valoración :8

Cuadro de texto: O libro está ben, para o meu gusto, xa que conta como é o día a día nun lugar como a India no que os recursos escasean e onde os médicos e enfermeiras loitan todos os días contra enfermidades, para salvarlles a vida ás persoas.
O que non me gustou moito foi que ó final lle perdoara a Arturo e se fora con el. Eu pensaba, e prefería, que se quedara con Leo, aínda que ao principio se levaran mal.
Cristina Vázquez 2º

VALORACIÓN: 8
Cuadro de texto: 	Foi un libro que me gustou moito xa que a idea de Silvia era bastante boa, o de axudar á xente do terceiro mundo. Non me gustou moito o final porque eu pensei que ía quedar con Leo e non co rapaz que estaba en Barcelona.
Nerea 2º
VALORACIÓN: 9
Cuadro de texto: A min o libro gustoume xa que é un libro que non te aburre lelo.Vas tendo intriga con quen se queda.A  min gustaríame que se quedase con Leo .Tamén me gustaría que non morrera Sahira.Eu cando lin que a cama de Lakshmi estaba baleira tamén pensara que morrera xa que alí os medios para curar ás persoas son moi escasos, como pasara con Sahira que morrera.
Noelia Rey 2º
VALORACIÓN: 9

Cuadro de texto: O libro pareceume unha historia moi interesante ao estar baseada nunha parte do mundo que sinceramente non coñecemos aínda que oíamos falar del e o libro faite meter na pel dun cooperante no país con dúas realidades moi distintas. 
A personalidade de Silvia parécese bastante á miña e algunha decisión creo que a tomaría igual, aínda que para facer todo o que ela fixo fai falla ter moita coraxe.
Os personaxes, ao ser un libro longo, están máis caracterizados ca un que poida ser máis curto, o que facilita á hora de lelo aínda que non sería complicado porque ten un vocabulario bastante sinxelo.
A min gustoume moito e recomendaríallo a calquera tipo de lector.
Noelia Suárez 2º
VALORACIÓN: 10


Cuadro de texto:  O libro é moi bonito e fácil de ler. O tema gustoume pero é demasiado longo e difícil de resumir. Gústame a relación que hai entre Leo e Silvia, pero non como acaba. Sería mellor que acabasen xuntos.
Franco González 2º
VALORACIÓN: 8

O TERMÓMETRO

PARA SABER MÁIS

Cuadro de texto: Sobre  o autor:

 

 

 

 

Moi recomendable (9-10)

Recomendable (7-8)

Pode pasar (5-6)

Non nos gustou (1-4)