IDEAS DE BOMBEIRO                  Andreu Martín

Cuadro de texto: Relata as aventuras de Carme e Guillerme, dous adolescentes que dende que se coñeceron pasan o tempo gastándose bromas continuamente. É a súa paixón, algo que realmente os divirte pero o que xamais pretenden é que alguén o pase mal cunha destas nin que os demais se burlen. Eles soíños son capaces de revolucionar o colexio enteiro durante un tempo sen que se decaten de que foron eles os que argallaron todo.  Ademais, co paso do tempo foron adquirindo mellor capacidade para contar mentiras de xeito que non se note. Teñen unha linguaxe secreta que consiste en falar ao verse (revés) que nalgún dos momentos utilizaron para escaparse de apuros. 
A historia comezou cando Carme e Guillerme tiveron un pequeniño problema e, aproveitando que os país de Guillerme saíron de viaxe a Australia, deixárona ir á casa de Guillerme para reconciliarse á súa maneira, é dicir, Carme ía finxir que a perseguían uns ladróns para que Guillerme lle dera refuxio na súa casa, o que Carme non sabía era que ao chegar á casa deste se ía atopar con que o seu amigo estaba infectado por un virus un pouco raro que facía que lle doera a cabeza, dixera en voz alta os apelidos dos seus compañeiros de clase, etc. As cousas non eran tal e como Carme pensara nun principio.
	Ladróns, policías, gánsters e médicos sucédense continuamente neste relato tan activo.
Bianca Sánchez 2º

AS NOSAS OPINIÓNS

Cuadro de texto: Non me gustou, para empezar a maneira na que está escrita o libro, hai tres modos diferentes de lelo, segundo o conta Carme, segundo o conta Guillerme e, segundo está escrito. Eu preferín lelo segundo o conta Carme pero en realidade pareceume moi lioso, faise moi longo porque segundo vas lendo non te vas enterando de nada novo, simplemente aparecen novos personaxes, e hai cousas que realmente non son moi importantes e o libro repite varias veces. En canto a personaxes, a que máis me gustou foi Guillerme pola súa forma de actuar en determinados momentos. 
Valoración: 4
Bianca Sánchez 2º
Cuadro de texto: Non me gustou nada. Eu pensaba que ía ser un relato moi diferente ao que foi, xa que o que fan é ir inventando unha gran mentira.
Valoración: 4
Francisco Rodríguez 2º
Cuadro de texto: Gustoume moito porque tiña algo de humor. Fan moitas burradas ao longo da historia. O que máis me gustou foi a parte en que o xefe dos atracadores pensa nun plan para desfacerse de Carme e vístese de médico para enganala, pero Carme xogóullela e tivérona que deixar pasar… 
Valoración: 8
Patricia Villar 2º
Cuadro de texto: O libro non me gustou moito; lino con moita présa e ademais pensaba que ía rematar doutra maneira.
Valoración: 4
Victoria Canellas 2º
Cuadro de texto: Gustoume bastante este libro, pero cerca do final enpezábame a aburrir ata que comeza o desenlace, esa penso que é a parte que máis me gustou. Paréceme un libro “sorpresa” porque non me esperaba un final así. Recoméndollo a xente que lle gusten os libros de aventura e intriga.

Valoración: 7.
Sergio Pombo 2º

O TERMÓMETRO

 

 

 

 

Moi recomendable (9-10)

Recomendable (7-8)

Pode pasar (5-6)

Non nos gustou (1-4)

PARA SABER MÁIS

Cuadro de texto: Sobre  o autor:

http://iflanagan.com/castellano/index.php?option=com_content&view=article&id=27&Itemid=17&limitstart=1