Quérote                  Úrsula Heinze

Cuadro de texto: 	Este diario conta o día a día dunha rapaza compostelá chamada Sabela Méndez Outeiro.
	Ela é unha rapaza que non ten moitos amigos, en concreto só se leva ben de todo  cunha rapaza chamada Ainoa. Tampouco se leva ben coa súa nai, porque esta non parece preocuparse demasiado por Sabela. No colexio, ás veces, rinse dela pola súa gordura.
	Sabela, un día, que estaba na casa de Ainoa, fixouse no seu irmán Ancor. Aos poucos días empezaron a saír xuntos. Pero Ancor tiña que marchar para Barcelona, para continuar cos seus estudos. 
	De alí a un tempo, Sabela, intentou descubrir, por medio de Ainoa o enderezo de Ancor para mandarlle unha carta. Pero el non respondeu. 
	Cando Ancor veu de vacacións, Sabela non tardou en preguntarlle se tiña moza. El contestoulle que si, por iso lle gustaría que foran amigos. Pero a pesar de todo Sabela seguíao querendo como o primeiro día.
Miguel Loureiro 2º

AS NOSAS OPINIÓNS

Cuadro de texto: Este libro gustoume bastante xa que me foi moi doado de ler. A parte que máis me gustou do libro foi o 15 de agosto, xa que esa parte permíteme descubrir como se comportan as rapazas cando se senten atraídas por un rapaz. A parte que menos me gustou foi o principio xa que me resultou un pouco aburrido. A personaxe que máis me gustou foi Ainoa, porque era unha rapaza moi divertida, se non fose por ela, Sabela non sabería nada das novas modas e tamén sempre a defendía cando a insultaban ou lle facían algo.  A que menos me gustou foi a nai de Sabela porque nunca a intentaba axudar e parecía que estaba sempre amargada.
Eu recomendaría este libro a rapaces da miña idade, xa que nos permite descubrir os  pensamentos, sentimentos e algunhas cousas que antes non sabiamos das rapazas.
Miguel Loureiro 2º
Valoración :7
Cuadro de texto: A min este libro gustoume, xa que é o primeiro diario que lin. O que máis me gustou do libro foi que era moi fácil de ler, xa que vai contando por días e non mestura nada. O mellor personaxe, para min, é Ancor, xa que era moi comprensivo e non se metía nos problemas dos demais; en cambio o que menos me gustou foi cando a nai non lle facía caso xa que estaba vendo a televisión.Considero á nai a peor personaxe, por ser unha tele-adicta e botarlle as súas penas aos outros como se non bastaran as propias e sen intentar solucionalo.
Marco Nicolli 2º

Valoración :8
Cuadro de texto: Como eu son un rapaz, o tema do libro non me chamou moito a atención, pero o libro está ben xa que conta a vida desde o punto de vista dunha adolescente. Conta moi ben o que senten as adolescentes. 
José Javier Iglesias 2º
Valoración :6
Cuadro de texto: O  libro non estivo mal. 
Eu pensei que as rapazas eran máis novas xa que me parecían algo inmaduras, sorprendinme  ao saber que tiñan 15 e 16 anos.
Non me gustou que Ancor estivera con Sabela tendo unha moza en Barcelona, a min paréceme que a usou, e ela seguiu sendo a súa amiga. Tamén me sorprendeu que Sabela non lle dixera a Ainoa que estivera con seu irmán sendo como eran tan amigas.
Creo que Sabela podía tentar levarse mellor coa nai xa que a nai facía todo o que podía na casa e eu penso que se falara con ela conseguiría  ser súa amiga.
Alba García 2º
Valoración :6
Cuadro de texto: Non me gustou porque o libro non ten nada que me chame moito a atención.
 É moi curto e moi fácil de ler pero creo que non ten nada que te enganche nin te entusiasme para chegar ao final. 
Nalgún momento podería identificar algunha cousa que lle pasa a Sabela no libro con cousas que me puideron pasar, pero sobre todo identifico a Sabela con outras persoas...
Prefiro outro tipo de libros.
Ana Boquete 2º
Valoración :5
Cuadro de texto:         O libro gustoume a medias,o personaxe de Sabela encantoume porque a pesar de estar gorda ela esforzábase en adelgazar.Ancor non me agradou moito porque namora a Sabela e despois vaise a Barcelona para andar coa outra moza, e aínda por riba ofrécelle a súa amizade.Lamento que Sabela non quedase con Ancor .A parte negativa deste libro é que é demasiado curto e sinxelo.Se me desen a escoller entre os libros que lemos ata agora o meu preferido é:”Mecanoscrito da segunda orixe”, sen dúbida algunha.
Lucía Álvarez 2º
Valoración :7
Cuadro de texto:  A min este libro gustoume a medias porque era moi sinxelo e moi curto. O personaxe de Sabela gustoume moito pero o personaxe de Ancor non me gustou para nada, porque fai que Sabela se namore de el e despois marcha cara a Barcelona onda a súa moza secreta (a súa moza era secreta porque non lle dixera a ninguén que tiña moza en Barcelona).
Melanie Rodríguez 2º
Valoración :7
Cuadro de texto:  Pois o libro gustoume, é fácil de ler e de entender. Conta sucesos xa case da nosa época, polos que nós tamén sufrimos.
Noemí Fuentes 2º 
Valoración :8
Cuadro de texto: O libro gustoume moito porque me sentín identificada, nalgúns aspectos, coa protagonista. O que máis me gustou foi a historia dela e de Ancor. O principio e o final non me gustaron moito, aínda así foi fácil de ler xa que enganchaba moito e gustábame a historia.
Sheila López 2º
Valoración :8
Cuadro de texto: O libro en xeral gustoume aínda que en ocasións aburriume un pouco. Para a miña opinión non foi moi entretido, nin engacha á hora de lelo.
Nalgunhas etapas podémonos ver reflectidos nela.
Noelia Casás 2º
Valoración :7
Cuadro de texto: A min gustoume moito porque encántanme os temas que fala de noivos e cousas de rapazas, por exemplo, cando lles aparece a primeira regra, as primeiras relacións....
O personaxe que mais me gustou foi Ainoa, pareceume unha rapaza moi extravertida e moi atrevida.
O personaxe que menos me gustou foi Ancor, o irmán de Ainoa, porque primeiro ía de tímido e despois era un larpeirón coma todos os rapaces.
LeticiaGarcía 2º
Valoración :8,5

Cuadro de texto: Este libro foi un dos que máis me gustaron xa que nos podemos sentir identificados coas cousas que lle ocorren a Sabela. Ademais era fácil de ler xa que era moi entretido e falaba temas de adolescentes e cousas que nos suceden a nós normalmente.
O final non foi o que mais me gustou xa que Sabela tiña que rematar con Ancor .
Sara Bouzas 2º
Valoración 9

O TERMÓMETRO

PARA SABER MÁIS

Cuadro de texto: Sobre a autora:

http://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%9Arsula_Heinze

 

 

 

 

Moi recomendable (9-10)

Recomendable (7-8)

Pode pasar (5-6)

Non nos gustou (1-4)