Este curso 2011/2012 os alumnos/as do primeiro ciclo da ESO convértense por un momento en verdadeiros creadores e elaboran o seu persoal e exclusivo Diario de lectura .

  Pero que é un Diario de lectura ?

Son reflexións sobre a propia lectura que o lector/a vai recollendo segundo vai lendo e dunha forma periódica. Trátase de escribir sobre as reaccións que provoca en nós  unha libro. Cando nos enfrontamos a unha lectura xorden  ideas divertidas, novas, distintas… que case sempre rematan perdéndose por non telas recollido.

Nalgunha ocasión aburrímonos, molestámonos, sorprendémonos ou entusiasmámonos cun fragmento ou capítulo…

Así, partindo deses diferentes sentimentos e  cunhas pautas mínimas, o alumnado vai elaborando o seu propio Diario.

O que si hai é unha única e importante norma:

       DESFRUTAR COA LECTURA E COA ESCRITURA

 

 

        Aquí podedes ver unha escolma de diferentes diarios elaborados por distintos alumnos/as e a partir de varias obras de narrativa propostas.

 

 
 

Se queres ver outros diarios preme nos enlaces:

 

Ana Muíño 1º B

Isabel Rabuñal 1º B

Santiago Regueira 1ºB

Ana García 1º A