Üa dona que eu quero gran ben
por mal de mí, par Deus, que non por al,
pero que sempre mi fez e faz mal
e fará, direi-vo-lo que m'avén:
     mar nen terra, nen prazer nen pesar,
     nen ben nen mal, non ma poden quitar

de coraçón, e que será de min?
Morto son, se cedo non morrer.
Ela nunca ben mi ha de fazer,
mais sempre mal, e pero ést'é assí,
     mar nen terra, nen prazer nen pesar,
     nen ben nen mal, non ma poden quitar

do coraçón. Ora mi vai peior
ca mi ven dela, por vos non mentir,
mal se a vej'e mal se a non vir,
que de coitas máis cuid'eu a maior,
     mar nen terra, nen prazer nen pesar,
     nen ben nen mal, non ma poden quitar.

PAI GÒMEZ CHARINHO

Ai mia senhor, quer'eu provar
se poderei sen vós viver
e veerei se hei poder
dalgüa vez sen vós morar,
pero sei o que mi averrá,
ca mil vezes o provei ja
e nunca o pud'acabar.

Pero quero-o começar
e forçar i meu conhocer
e sei de mí como ha seer
e ca vos hei pois a rogar
e quan pouco mi durará
mia sanha e quan ben mi será,
se vos posso desensanhar

escontra mí, que vos pesar
nunca fiz, nen cuid'a fazer,
mais sei-vos tan gran ben querer,
que vos faz contra mí queixar,
e, pois mi Deus poder non dá
que vos desame, assí m'hei ja
vosc'a perder, por vos amar.


AFONSO PÁEZ DE BRAGA