O "organistrum"
O Pórtico da Gloria é unha das representacións máis fieis do Apocalípsis de San Xoan, cos 24 anciáns músicos que portan distintos instrumentos
O "organistrum" do pórtico está situado no cuadrante superior do arco de medio punto, alí están representados os 24 anciáns. Éste é o único instrumento, dos representados que precisa de dúas persoas para ser tocado. As teclas non son pulsadas, polo contrario tírase delas, segundo a representación do mesmo pórtico, É un instrumento adicado aó acompañamento, non a interpretar melodías como solista. A partires do século X xorde o Organistrum, xigantesco instrumento de máis de 1,5 metros de lonxitude que era interpretado por dous tañedores (un facía xirar a roda e o outro tiraba das teclas que producían as distintas notas). A evolución deste incómodo instrumento deu como resultado os modelos máis pequeños, que servían para que un só interprete se sirviera da súa man dereita para mover o manubrio, e a esquerda para as teclas melódicas. Entre estos instrumentos atópase a zanfoña ou zanfona.