AMOR CORTÉS: é o amor propio da xente que vive na corte, xurde en Provenza, a finais do século XI. Téñense dado varias razóns para explicar a súa aparición: a existencia dunha nobreza refinada á que lle gustaba a vida na corte, maior acceso á cultura, etc.

O amor cortés recoñece o amor sexual e erótico e vaino asociar a un código que ten características do mundo feudal no que xurde.

Así, do feudalismo procede a consideración do servicio de amor entre o amante e a amada que se establece coma unha relación de vasalaxe: a dama vai ser o señor e o amante o vasalo ó seu servicio. A dama é un ser cheo de perfeccións e xerárquicamente superior. Por iso a dama é sempre casada, porque as solteiras non teñen personalidade xurídica.

Ademáis, o amante debe ser discreto, xa que a dama está casada. Outras figuras importantes son os aduladores e o marido celoso.

O amor cortés ten as súas regras e estas son algunhas delas:

· o matrimonio non é excusa para o amor
· quen non é celoso non pode amar
· ninguén pode ter dous amores á vez
· a dama debe ser digna de casar
· para que dure, o amor debe ser secreto
· conquistar á dama debe ser difícil
· o amante debe pórse pálido cando comtempla a súa dama e o seu corazón debe estremecer
· o amante debe ser tímido
· os celos aumentan o amor
· o amante, cando ama con paixón, nin come nin durme.
· unha muller pode ser amada por varios homes e un home por varias mulleres.