Estas cantigas teñen intención satírica e ridiculizadora de personaxes e situacións da época. Por iso, ademáis de poseer un grande valor literario, constitúen un documento para a historia social e política do país.A trvés delas os trobadores realizaron unha crítica decidida das costumes do seu tempo, dos homes e das mulleres. As Cantigas de escarnio empregan unha linguaxe máis sutil, fan uso da ambigüedade e o eufemismo. As Cantigas de maldecir empregan a sátira directa e as cousas aparecen chamadas polo seu nome, chegándose mesmo á obscenidade nalgunhas delas. Son de procedencia culta e,
ó igual que as de amor, de influencia
provenzal. Teñen a súa orixe no sirventés
provenzal. |
A un frade dizen escaralhado, e faz pecado quen lho vai dizer, ca, pois el sabe arreitar de foder, cuid'eu que gai'é, de piss'arriçado; e pois emprenha estas con que jaz e faze filhos e filhas assaz, ante lhe digu'eu ben encaralhado. Escaralhado nunca eu diría, mais que trage ant'o caralho arreite, ao que tantas molheres de leite ten, ca lhe pariron tres en un día, e outras muitas prenhadas que ten; e atal frade cuid'eu que mui ben encaralhado per esto sería. Escaralhado non pode seer o que tantos filhas fez en Marinha e que ten ora outra pastorinha prenhe, que ora quer encaecer, e outras muitas molheres que fode; e atal frade ben cuid'eu que pode encaralhado per esto seer. FERNANDO ESQUÍO
|
Martín
Gil, un homen vil se quer de vós querelar: que o mandastes atar cruamente a un esteo, dando-lh'açoutes ben mil; e aquesto, Martín Gil, parece a todos mui feo. Non no posso end'eu partir, pero que o ja roguei. que se non queix'end'al Rei: ca se sente tan maltreito que non cuida én guarir; e, Martín Gil, quen no vir, parece mui laid'e feito. Tan cruamente e tan mal diz que foi ferido entón, que teedes i cajón, s'ele desto non guarece; e aqueste feit'é tal, Martín Gil, tan desigual, e ja mui peior parece. ESTEVAN DA GUARDA |