LANGUE D´OC: é a lingua romance que se falaba na época medieval na zona coñecida como Occitania  e que comprendía un extenso territorio no centro-sur de Francia.

A lingua na que escribiron os trobadores era moi homoxénea, impoñíase por riba das variantes dialectais da zona lingüística da que procedía cada poeta. Era pois unha especie de linguaxe académica, convencional, koiné ( lingua común), que tomaba como base a variedad lingüística da zona de Languedoc, pero que a podían entender xentes de sitios moi distintos.

Foi utilizada polos xograres e trobadores occitanos e mesmo polos cataláns ata a chegada de Ausias March.

Coñeceu o seu máximo esplendor nos séculos XI, XII e XIII, esmorecendo despois. No final do s. XIX Federico Mistral e os poetas félibres quixeron reavivala.