TROBADOR: é o peta, o que compón. Diferénciase de XOGRAR, que é o que canta a poesía.

A meirande parte dos trobadores eran de orixe nobiliario, mesmo reis ,e para eles, compoñer e interpretar cancións era unha manifestación máis do ideal cabaleiresco.A´nda que formados nos centros de cultura clericais, precedentes das universidades, estes poetas son segrares e viven coma tales.

A partir do S.XI e, sobre todo, nos séculos XII e XIII, os trobadores están nos castelos e compoñen unha poesía refinada, difícil e suxeita a ríxidas leis. Ó primeiro, cantaban os seus poemas na corte e, ás veces, celebraban competicións ou torneos musicais; máis tarde, contrataron a músicos itinerantes, os xograres, para que interpretaran as súas obras. Dise que os trobadores de prestixio tiñan xograres adscritos á súa persoa. Estes xograres, chamados xograres de lírica tiñan que se aprender complicadas melodías e poemas e cando actuaba ante o público tiña que ser moi riguroso coa letra e a tonada que lle entregaba o trobador, non podía cambiar nada ( diferénciase así do xograr de cantar de xesta que tiña máis libertade cando recitaba)