TROBAR CLUS: exemplo de poesía hermética , de rimas complexas e palabras escollidas máis polo seu  son que polo seu significado. Poesía dirixida a un público moi selecto. Trobar oscuro, sutil e difícil que se distingue do trobar leu, de versos claros e sinxelos.

O trobar clus estivo moi de moda. Os poetas non queren o que é común e fácil, o que os fai iguais a outros trobadores.

Raimbaut dÀurenga fixo unha tensón a Giraut de Bornelh para lle preguntar por que andaba a falar mal do trobar clus. Este resposta con outra tensón dicindo que a canción fácil e corriente é máis apreciada: ¿ para que trobades se non vos prace que o comprendan todos?