|
|
|
|
1. CRÓNICAS DE ACTIVIDADES 1. O MAGOSTO 2005 Todos os anos a principios ou mediados de novembro celebramos o magosto no colexio. E como este ano non íamos cambiar a tradición tamén o festexamos, esta ocasión o día 9 de novembro, porque aínda que en principio ía ser o día 8, por cuestións climatolóxicas tivemos que atrasalo. Como todos os anos os alumnos ese día levamos as castañas e a leña. Pola mañá tivemos clase normal, ata despois de comer, hora na que algúns alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O acompañados de algún profesor en lugar de subir a clase, quedaron abaixo para asar as castañas e preparar todo. As catro da tarde avisáronnos a todos para que baixasemos, e todos os profesores e alumnos nos xuntamos no patio ó lado do lume para comer as castañas e falar un pouco, todo isto acompañado dun pouco de música. Así pasamos unha tarde divertida e celebramos a nosa particular festa da castaña
8. CRÓNICAS DE ACTIVIDADES 2. O FESTIVAL DE NADAL 2005 O día 22 de decembro celebrouse o festival de Nadal no CPI de Seoane. Comezou sobre as 11:00 da mañá e rematou á 01:0 Este ano as presentadoras foron Noelia e Patricia, dúas rapazas de 4º de E.S.O que comezaron presentándonos a obra de teatro de infantil, primeiro e segundo de primaria. O seguinte acto foi cos alumnos de terceiro e cuarto de primaria que nos cantaron unha canción, e tamén os alumnos de quinto e sexto que tocaron unha panxoliña coa frauta. Seguimos coa música, pero esta vez no karaoke, os alumnos de 1º, 2º e 3º de E.S.O. cantáronnos dúas cancións coa súa marabillosa voz Despois, os alumnos de 1º, 2º, e 3º de E.S.O fixeron un programa chamado “telemacuto, noticias ó minuto”, no que nos fixeron rir a esgalla, foi todo unha verdadeira comedia, por suposto, cuns actores excelentes que o fixeron xenial. Para rematar, as alumnas de 4º de E.S.O cerraron o festival cun baile. As presentadoras despedíronse de nós e desexáronnos un feliz Nadal a todos.
9. ENTROIDO 2006
17. CRÓNICA DUN FIN DE CURSO ANUNCIADO Unha vez máis por estas datas, voltamos a vista atrás para comprobar cómo transcurriu o curso para os grupos de Primaria.
mo. Todas as figuras tiñan movemento,estaban represen- tados todos os oficios, facíase día, noite, de súpeto caía unha treboada e ata nevaba. Xa á hora de xantar fomos a comer ao Centro Comercial as Termas, que había pouco inauguraran. Alí vimos unha réplica do mosaico romano que descubriran baixo unha das rúas luguesas. Demos unha volta por alí e voltamos a Seoane coa sensación de ter disfrutado dun día especial. Logo nos esperaba un traballo na aula co que fixar todo o aprendido aquel día.
agasallos para a familia aproveitando
ou o da Nai; participamos no concur-
máis
|
|
|