Actividades


Principal Arriba

 

 

 

 O MAGOSTO 2006
Todos os anos a principios ou mediados de novembro celebramos o magosto no colexio. E como este ano non íamos cambiar a tradición tamén o festexamos.
   Como todos os anos os alumnos ese día levamos as castañas e a leña.
 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 Pola mañá tivemos clase normal, ata despois de comer, hora na que algúns alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O  acompañados de algún profesor en lugar de subir a clase, quedaron abaixo para asar as castañas e preparar todo.

  As catro da tarde avisáronnos a todos para que baixásemos, e todos os profesores e alumnos nos xuntamos no patio ó lado do lume para comer as castañas e falar un pouco,. Así pasamos unha tarde divertida e celebramos a nosa particular festa da castaña.

 

 

                                                                                       

 

 

 

DÍA DO LIBRO (23 DE ABRIL)

 Co gallo da celebración do Día do Libro - 2007, o C.P.I. de Seoane do Caurel organizou unha lectura de fragmentos de El Quijote e un II Concurso de Pintura e Literatura, cuxos premios se entregaron na devandita data.

Na preparación de ámbalas actividades, traballaron conxuntamente alumnos e profesores.

Os actos comezaron cunha lectura entrelazada pola participación ordenada de todos, sen distinción algunha, desde os máis pequenos ata os maiores, ofrecendo cada quen  a súa aportación ó normal desenvolvemento da festa.

A continuación, un poema del poeta Antonio Gamoneda, Premio Cervantes deste ano, serviu de ponte á entrega de premios do concurso organizado. As mellores obras foron galardoadas cun libro, pero tódolos participantes recibiron, ademais, un pequeno agasallo.

A clasificación foi a seguinte:

- Educación Infantil: tódolos alumnos recibiron un agasallo.

- Educación Primaria:

o       Primeiro ciclo:

§         Primeiro Premio: Alba Arias (Princesa)

§         Segundo premio: Samuel Rodríguez (El rey bueno)

§         Terceeiro Premio: Lluis Castro (El lobo feroz)

o       Segundo Ciclo:

§         Primeiro Premio: Montse Méndez(Ana)

§         Segundo Premio: Melissa Sánchez(Miriam)

§         Terceiro Premio: Pablo Ferreiro (El Dragón)

§         1º Accésit: Lucía Vázquez (Vanesa)

§         2º Accésit: José Méndez (Mona)

-         Educación Secundaria:

o       Primeiro Premio: Eva Pombo (Enna)

o       Segundo Premio: Noemí Jato(Mimi)

o       Terceiro Premio: Sonia Teijeiro (Anirik)

o       Premio Especial de Poesía: Eva Aira (Ave)

Durante todo o acto houbo unha exposición na que destacou un antigo exemplar de El Quijote traído pola profesora Bela.

Ö finalizar,  repartíronse uns preciosos marcapáxinas realizados polos alumnos de 3º de E.S.O., coordinados polo Departamento de Inglés.

 

 

           


 

 

 

AS LENTES MÁXICAS

Había unha vez un neno que se chamaba David. Un día, cando estaba xogando co seu amigo Carlos no bosque que estaba enfronte da casa de Carlos, decidiron facer un furado. A hora de comer, a nai de Carlos avisouno para que fose. David quedou outro anaco facendo o furado cando, de súpeto, non puido crava-la pa coa que estaba facendo o furado. Non a puido cravar porque alí había unha caixa que llo impedía. A caixa tiña dentro unhas lentes. El pensou: “¡Qué parvada!”. Gardounas e, máis tarde, despois de comer, dixo: “A ver cómo me quedan”. Púxoas e, cando se quixo dar conta, estáballes axudando a todos aqueles que o precisaban. Cando as quitou, comprendeu o enorme valor das lentes. Non eran normais. Servían para que quen as levase fose unha boa, moi boa, persoa e capaz de axudar a todo aquel que o precisase. Aínda que fose unha cousa que non puidese facer pola súa idade, as lentes permitían que o fixese. ¡Claro!, sempre que fose para axudar a alguén. E así axudou a moita xente a ser feliz, pero non só os que vivían no mesmo lugar que el, se non que percorreu todo o mundo varias veces na procura de xente que precisase a súa axuda.

Montse Méndez

“O PRÍNCIPE RICO”

Érase unha vez un neno que vivía nun palacio. Era moi rico e o neno tiña moito xoguetes e tesouros. A súa nai era a reina e o seu pai era o rei. O neno era o príncipe, pero llamábanlle “o príncipe rico” porque tiña moito diñeiro e, ademais, tiña un trono. Un día o príncipe decatouse de que o seu trono desaparecera e buscouno por todas partes, pero non o atopaba. Cando chegou o fin de semana o príncipe saiu en busca do trono. Foi á fonte e non estaba. Tamén foi ao bosque e encontrou un mono que lle axudou. E foron en busca do trono. O príncipe estaba moi cansado. Entonces fixeron unha foguera e quedáronse a durmir no bosque. Cando foi pola mañá foron a unha casa e almorzaron. Como non encontraron o trono foron ó pazo chorando. Pero no pazo había un trono novo que dicía: “É para ti, Príncipe Rico”. O príncipe non sabía quén llo regalara. Foi o seu cuarto e encontrouse cos seus amigos. O príncipe deulles as grazas e foi moi feliz co seu trono novo.    Alba Arias


 

 

ALCANZANDO LA FELICIDAD

- 1, 2, 3, 4,… Piensa y no te pongas nerviosa. Respira, res…

- ¡Enma!, no me escuchas o estás sorda. ¿Qué te he dicho? Que esta comida es de cerdos, así que haz comida de verdad. ¡Ahora mismo! – me ordena su voz fría y distante.

- Ju…, Ju…, Juan –me atrevo a responder- es, es… que hoy no he tenido tiemp, tiempo, y no he podido comprar. El niño estaba enfermo y (no logro terminar. Recibo una bofetada con tanta fuerza que me tira contra el suelo).

- ¡Maldita cerda! Tú no tienes tiempo. Yo estoy trabajando y tú ¿no tienes tiempo? ¡No me extraña que no haya comida! ¡Te pasas el día comiendo como una cerda!

Me miro la cara y veo que está sangrando. Comienzo a llorar.

- Como vuelvas a llorar, te voy a dar otra más fuerte, así que ¡cállate! ¡Me voy a comer fuera! A la noche, cuando vuelva, quiero una comida de verdad.

- Lo siento –pero cuando llego a articular estas palabras, ya oigo el portazo de la puerta.

Esta escena se repite desde hace dos años, cuando nos casamos y tuvimos a nuestro hijo, aunque a veces pienso que sólo es mi hijo. No lo cuida ni lo quiere.

Estuvimos cuatro años de novios y hasta ahí todo fue bien, pero después… Empezaron los insultos, las agresiones…

Soy licenciada en Derecho, pero Juan nunca me dejó ejercer. Dice que no quiere a su mujer trabajando por ahí como si él no tuviera dinero para darnos de comer a mi hijo y a mí. Llevo una vida acomodada, pero me pregunto si es el tipo de vida que deseaba cuando me casé. Y me doy cuenta de que no es así… Estoy pensando en eso cuando suena el timbre de la puerta. Es Anne, mi mejor amiga desde la infancia. Crecimos juntas y ella también es licenciada en Derecho. Entra muy apurada:

- ¿Dónde está tu marido?

- ¿Eh?, pues… trabajando, supongo.

- ¡De trabajar, nada!, ¿sabes con quién está? –me pregunta muy alterada.

- Pues la verdad es que no.

- Con Miranda.

- ¿Con Miranda? –pregunto con voz incrédula.

- A ver. ¿Cómo te lo explico? Tu marido te engaña con Miranda?

- Me estás tomando el pelo, ¿verdad?

- No y, además, tengo pruebas. ¿Las quieres ver? Mira: estas son las fotos en que tu marido y Miranda se están besando; estas, en la salida del restauran… 

Mientras Anne me explica todo, siento como si una parte de mí se rompiese.

Intenté negar lo evidente pero, al cabo de una semana, decidí contratar un detective para que me confirmara la información de Anne. El detective me enseñó toda la información que necesitaba para darme cuenta de que Juan me estaba engañando. ¡No lo podía entender! ¡Todo lo que yo había hecho por él! Intenté adelgazar, ponerme guapa, hacer todo lo mejor que podía y, ahora, él me lo pagaba así.

Cierto día, después de las insistencias de Anne y de que yo empezara a darme cuenta de cómo me trataba, decidí pedir el divorcio.

Al principio se lo tomó muy mal y, (¿cómo no?), intentó pegarme. Pero esta vez no lo iba a conseguir: yo estaba más enfadada que él. Se sorprendió mucho de mi actitud y empezó a decirme que iba a cambiar, que dejaría a Miranda, que no me volvería a tocar… Pero yo no le creí nada. Ya me había hecho suficiente daño. Hice las maletas, cogí al niño y me fui al piso de Anne mientras se hacían los trámites de divorcio. Fue una separación dura: me llamaba, me pedía que volviera con él, me amenazaba, me decía que sin él yo no era nadie… Pero, con la ayuda de Anne y de mi hermano, aguanté esto y las murmuraciones de las vecinas. Cuando por fin nos divorciamos, cesaron las llamadas y sólo me dijo que no quería saber nada de nuestro hijo, que él no sabía si en realidad era suyo y que no se iba a hacer cargo de hijos de otros.

Hoy los recuerdos (como dos años terribles de maltrato psicológico y físico, de hacer dietas para que a él le gustara mi físico –cosa que nunca llegué a lograr-)… Gracias a Anne, he podido darme cuenta del daño que me estaba haciendo Juan y hoy hace doce años que decidí dar el primer paso para alcanzar mi felicidad. Mi hijo Sergio tiene trece años y es feliz. A su padre no lo conoce, pero tampoco tiene intención de conocerlo. Ahora, por fin, he encontrado el amor de verdad, que me quiere tal como soy y acepta que trabaje. Hoy en día soy feliz, pero tuve que vencer el infierno para alcanzar la felicidad de la que hoy gozo.

Esta es la historia que a mí, por desgracia, me tocó vivir y por eso les digo a todas las personas que les toca vivir esto que hay que decidirse a dar el gran paso porque DESPUÉS DE LA TORMENTA SIEMPRE LLEGA LA CALMA.

Eva Pombo

O GATO DO DEMO

  Disto  Hai xa tempo disto pero eu vólvoo contar ; habera uns dez ou once anos que ocorreu,eu era un neno,teria tres anos.Isto aconteceu no meu pobo nun dos fríos días de inverno. Polas mañás había xeada nos tellados , polas rúas baixaba a auga conxelada…

 

 

 Na vila eramos unhas trinta persoas ,unha delas un home solitario , duns cincuenta , que non falaba moito coas persoas ; a súa casa estaba afastada das demais e a súa única compaña era un gato,un gato negro,grande,fero,unha ollada que facía tremer co medo e coa punta do rabo vermella .O home poucas veces caía ben á xente ,levantábase ó romper o día e ía bota-la  auga ó prado .Vivía só.

 

Desde que me contaron a vida de Antoño, que así era como se chamaba ,sempre me tivo intrigado

 

O home non quería compaña ,pero iso sí ,nunca tivo ningun tipo de problema cos veciños .Non se debía aimentar moi ben  porque ,segundo mo contaron estaba fraco ,

Sempre estaba teso coma un pau ,vestía pantalóns de pana ,unha chaqueta da mili chea de remendos e unha boina.

A pesar de vivir en malas condicións ,a Antoño nunca tivo que ir ó médico nin falta que lle fixo. Era forte e duro , se había algun catarro que se lle metera no corpo, el expulsábao coma tirar un balde de auga pola ventá.

 

             Deica aquel día Antoño foi considerado coma un home algo raro pero ninguén estaba anoxado con el .Era xá domingo e ninguén vira a Antoño ,nin se coñecía rastro del  .Ata que unha veciña foille mirar polas ovellas ,que no eido donde acostumaba levalas non apareceran en tres días .A veciña pensou que ó mellor xa

marchara con elas e que ninguén o vira por que era así de solitario .

 

                        Pero para asegurarse decidiu entrar na corte ,onde as ovellas de Antoño estaban mortas coa fame ,pero aquel cheiro que ela uliu non era do esterco dos animais.

          A muller chamou ó resto dos veciños.

A porta estaba pechada .Outro veciño cun desaparafusador quitou a porta ,entraron todos na cociña aquel cheiro chamoulle-la atención .Os veciños foron cara o seu cuarto,

   No corredor había tres gatos adultos mortos ,cando entraron no cuarto un cheiro a podre e o susto fixo desmaiar a unha veciña ,por que o que vira foi…

 

                            ¡O corpo do home tendido enriba da cama e o seu gato enriba del ¡

     O gato fuxiu pola ventá ,onde había oito ou nove corvos .Dous deles sobrevoaron o cuarto donde se atopaba o defunto.

 

                     Sete vidas din que ten un gato  pero…da altura en que caeu, eu non  crin que vivira ,pois o precipicio que hai detrás da casa é moi profundo  para que só co peso do animal abondaría para matalo , de certo o gato estivo toda a tarde alí no fondo do precipicio.

       Xa pasaran tres días cando os veciños nunha xuntanza do pobo  quedamos sen respirar ó ve-lo goto pasar tellado da súa casa que actualmente está en ruinas. O que me desconcerta é que Luís, o cura , foi quen tirou a un carrozo o gato, que supostamente estaba morto. Como xa dixen a vida de Antoño sempre me intrigou , un verdadeiro misterio do pobo que  nunca poderemos resolver. A casa ,o gato e o terrible suceso bautizouse co nome de :                               O    GATO   DO  DEMO.

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL

 

 

 

O día 22 de Decembro celebrouse o festival de Nadal.As actuacións comenzaron ó redor das 11:30, este ano as presentadoras fomos Jéssica e mais eu .Comenzamos dando a benvida ós alí presentes e despois  a presentar as actuacións .A primeira actuación celebrada foi feita  polos alunmnos de infantil que nos sorprenderon cunha preciosa interpretación da súa obra A Caixa Máxica. Seguiron os alumnos de 1º,2º,3ºe 4º de Primaria cunha obra moi divertida que se chamaba A Visita do Inspector.Rematada a actuación , os nenos de 3º e 4º xunto coas alumnas de 6º de Primaria tocaron coa frauta a canción de Jingle Bells.Ó acabar, as nenas quedaron soas para tocar a melodía de Noel.Agora tocáballes o turno ós alumnos de 1º de E.S.O que xunto coas compañeiras de 6º  interpretaron Encontros .Rematada a actuación tivemos a oportunidade de volver rir a esgalla con Telemacuto  Noticias al minuto, que foi a continuación da obra do ano pasado, que fixeron os alumnos de 3º da E.S.O coa colaboración dalgúns compañeiros de 6º de Primaria, 1º da E.S.O e 4ºE.S.O.Para rematar o festival Jéssica  e eu decidimos ofrecerlles unha panxoliña   moi típica destas  datas :Blanca Navidad.Este ano Papá Noel acordouse dos nenos e do público do C.P.I de Seoane, pois cando o festival rematou, pasou por entre o público repartindo lambetadas.

 

 

Eva Pombo

 

2º E.S.O

 

 

 

             

 

 

 

 

ENTROIDO

2007

 

 O venres día 16 de febreiro, celebramos o entroido no colexio.

Primeiramente, os alumnos de Infantil e Primaria representaron a obra do Frautista de Hamelín.

 

Despois, nós cantamos a canción de Paulina Rubio chamada “Ni una sola palabra” cunha letra un tanto “especial”. Iamos disfrazados de abellas e xoaniñas.     

 

Seguidamente, fixemos un karaoke no que nos enchemos de cantar e bailar ata a hora de comer.

 

Despois de comer viñeron uns animadores, un pallaso e un malabarista. O malabarista chamábase Dinky, con el fixemos xogos variados, por exemplo collemos unha lona cun burato no medio e unha pelota encima, e tiñamos que evitar que caera polo burato.

 

Logo, tamén fixemos unha montaña rusa pero no chan e el íanos dicindo a onde tiñamos que xirar, foi moi divertido.

 

Finalmente, deleitonos cun espectáculo cunha cousa chamada “Diácono”. Foi unha experiencia moi divertida e volvería repetir. 

 

 

José Antonio López Fojo

1º E.S.O

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMPAÑA A PROL DUNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Este curso os profesores e alumnos do centro participamos nun traballo sobre Alimentación Saudable. Este foi o diñeño gañador do concurso para realizar unha camiseta

 

 

 

 

 

UN ALMORZO SAUDABLE

 

O mércores 18 de Abril , celebrouse no colexio  unha campaña que tiña como núcleo principal fomentar unha boa alimentación  entre os participantes , xa que algúns compañeiros almorzaran na casa. Tratáronnos moi ben e había  todo tipo de alimentos sans : zumes, leites con froita engadida, biscoito, froitas, torresmos …..Todos ocupamos os noso postos  habituais  da hora de comer e a min  pareceume moi boa idea . Cada quen almorzou o  que máis lle gustaba e variadamente . Había  que manter unha orde  ó erguerse polos alimentos , xa que , se non , formaríase un tremendo “caos “. Era  unha especie de “bufet “.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Á primeira hora non tivemos  clase porque nos ocupou ese tempo almorzar saudablemente. Loli, a orientadora, deunos  uns consellos ó comezo do acto. Seguidamente,  comezamos a almorzar e , dende a  miña perspectiva , era unha comida beneficiosa para a saúde xa que por ese motivo se celebrou.

 

Jessica Jato López

2º de E.S.O


 

TRABALLOS REALIZADOS NA CAMPAÑA DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

 

 

         

 

 

 


 

 

 

 

 

 


 

 

ENQUISA SOBRE TRASTORNOS ALIMENTICIOS NO CENTRO

Como se pode apreciar na gráfica encontráronse 5 casos de alumnos e alumnas preocupados demais polos seus hábitos alimenticios, o que supón o 23,8% do total

 

Se facemos distinción entre alumnos e alumnas os resultados pódense ver nas seguintes gráficas:

 

Alumnos

 

Preocupados demais

 

 

33%

Alumnas

 

Preocupados demais

 

 

30%

 

 

 

 

Conclusión da enquisa:

Polo xeral o alumnado do centro non ten especiais problemas nos seus hábitos alimenticios. Non existindo ningunha diferenza na tendencia sobre a preocupación pola alimentación se distinguimos ambos sexos por separado, xa que os valores da enquisa ofrécenos resultados semellantes.

 

 

 


Principal Arriba