Bloque3


Principal Arriba

 

 

O  ENTROIDO NO NOSO COLEXIO

 

         O venres 1 de Febreiro celebrouse no noso colexio o Entroido. Pola mañá houbo clases, e logo, sobre as 12:30h, comezaron as actividades relacionadas coa dita festividade.

         Primeiro veu un escritor chamado Xesús Afonso Parada Jato, residente en Meiraos. Explicounos de que trataba o seu libro e dos seus contidos; logo todos os alumnos de Secundaria fixémoslle unhas preguntas, ás que respondeu de moito agrado e con simpatía. Ó final deste acto, o noso colexio fíxolle un pequeno agasallo, e el trouxo para o centro outro, unha pedra pintada por el cunha paisaxe moi bonita.

         Logo fomos todos a comer e sobre as 2:00h ou 2:30h a xente comezou a vestirse e prepararse para o Entroido.

         Cando todos estiveron listos, uns de pitufos, outros de mecánicos, pintores... subimos a Seoane onde se desfilou por todo a vila, aínda que sen moito éxito, xa que os espectadores foron escasos e chovía. Ó rematar o desfile, volvemos ó colexio, onde quitamos os disfraces e marchamos para a casa.

         A pesar do mal tempo e da pouca expectación do desfile, foi unha tarde de entroido divertida que agora xa pasou.

Eva Méndez

                                                                                                                            3º ESO

 

 

 

 

 

 

                                                                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS NOSOS ETNÓGRAFOS                      

              

A  MIÑA LAREIRA

 Antigamente a lareira era o centro da casa. Alí se comía e se dormía. No centro do cuarto había a lareira que estaba feita con pedras, o seu arredor estaba o murillo que era de ferro cun brazo acabado en forma de cunca, onde se mantiñan quentes as cuncas de caldo. Para facer a comida utilízabase unhas potas de ferro con patas e cando se facía a comida na tixola empregábase un trespés.

Para sentarse estaba o escano que tiña como unha táboa levantada que se baixaba para poder comer nela.

Tamén estaba a alacena que servía para gardar a comida, como nos tempos de antes non había auga nas casas hai un buraco na parede que é o cantareiro que era onde se poñían as potas con auga que se traían da fonte.

Neste cuarto tamen facían o pan, amasábano na maseira e cocíano no forno de leña.

Tamén tiñan unha caniceira que empregaban para estender as castañas e secar os chourizos.

Na lareira tamén se lles cocía a comida ós animais nuns caldeiros que se colgaban dunhas cadeas dun madeiro chamado burro,que consistía nun eixe de madeira que xiraba arredor da lareira.

O fumo da lareira sae dunha ventá que hai no teito.

Hoxe en día as casas son máis modernas, sen embargo nas  que teñen lareira aínda se utilizan para secar os chourizos e asar as castañas nos tambores.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alexandre Valín 2º ESO

 

 

 

 

 

 

       LENDA DA CAMPÁ DA IGREXA DE MEIRAOS

 

A igrexa de Meiraos ten catro campás grandes e unha máis pequena. A maior de todas, unha peza única, en tempos soaba tan forte que tiña que ser tocada por un xordo, sentíase ata o Cebreiro, e non podía estar preto dela ningunha muller embarazada pois as fortes vibracións podían facela mal parir, iso foi crenza habitual.

En certa ocasión, unha desas campás aínda que non podo asegurar cal delas, dado que tiñan un xugo e debían voltearse á man para tocalas, cortoulle a cabeza a un home que a estaba tocando.

A campá grande sufriu fundicións e reformas que minguaron a súa calidade, aínda así, segue a ser unha peza singular.

En torno a ela xurdiron contos e lendas, a máis popular vouna referir agora:

Un veciño de Miraz tiña unha vaca que trouxo dous becerros, un día cando os becerros xa eran grandes, andaban pacendo nun prado á beira do río pequeno, onde hai unha fervenza, e un pozo chamado “da Grada”, os becerros picounos a mosca e marcharon correndo e caeron no pozo, o home viu que ó cabo dun anaco unha moura sacou os becerros xunguidos do pozo tirando pola campá que logo foi traída á igrexa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  Campanario da Igrexa de Meiraos                             Igrexa de Meiraos

José Antonio López 2º ESO

 

POR NOCEDA DO CAUREL

 

   Un dos elementos máis representativos da miña aldea é, sen dúbida algunha, a Cova da Ceza. A devandita caverna posúe 680 metros de lonxitude, nos que se suceden extensos apartamentos comunicados, a través dos cales discorre unha presa de gran envergadura, procedente dun lago (25 metros de profundidade), situado ó final. No caso de desecar coñecer o seu interior, sería recomendable levar unhas ferramentas e botas axeitadas, así como unha vestimenta impermeable e resistente. Complementado a cova, hai tamén unha fervenza, a cal desprende auga cunha forza considerable. Se no terreo onde se localiza a cova nos desprazamos á esquerda uns metros, ou nos trasladamos á parcela de enfronte, pódense divisar unhas espléndidas vistas de Vilela. Obsérvase, tamén, a fonte onde antigamente se lavaba a roupa.

   Outro monumento distintivo é a Igrexa, parroquia á cal se axuntan Vilela e Teixeira. É unha construcción cuns resistentes muros e contrafortes, pórtico cerrado e amplo, torre de tres corpos (situada  ó norte), tellados aplanados e dúas entradas. O seu “día grande”, e o da vila, é o 29 de xuño, no que se celebra a festa adicada ó patrón: San Pedro.

   O aceso ó lugar é o típico da montaña: estradas estreitas e curvadas pero, de mencionarmos algún aspecto un tanto negativo, serían as costas que hai en determinados lugares, por exemplo, camiño da igrexa.

   As xentes, polo xeral, son amables cos turistas e, unha vez que comezan a falar, mencionan todo tipo de acontecementos e anécdotas da aldea,

DISTANCIAS APROXIMADAS EN KM:

 

Seoane – Noceda     8 km

Folgoso – Noceda     23 km

 

 

JESSICA JATO LÓPEZ

                                                                                    

PARADA DO CAUREL

 

   Parada é unha aldea pequeniña, que se sitúa nun lugar moi chan dunha montaña. Está rodeado de castiñeiros e en xeral bastantes árbores, ten unha capela moi pequeniña que só se usa en acontecementos moi determinados. Este lugar conta tamén cun río pequeniño, o nacemento deste localízase agochado nunha montaña e é un lugar moi fermoso, cunha fonte e cun lavadoiro moi bonitos e bastante grandes. A fonte foi reconstruída hai pouco tempo para evitar o seu deterioro.

   Á  entrada da vila sitúase unha praza grande e ó seu carón a antiga escola á que acudían os nenos e nenas da vila e mais os dos arredores, a cal  está en mal estado.

   Durante o longo do ano, polo inverno e outono, hai poucos veciños; pero no verán veñen moitas persoas a pasar aquí as vacacións.

   En xeral é unha aldea moi tranquila, con poucos veciños pero moi bonita.

   Cabe destacar deste lugar algo moi importante, como é que aquí viviron moito tempo dous grandes escritores, Uxío Novoneira e María Mariño, a ambos lles gustaba moito o Caurel. No caso de María Mariño, veu aquí xunto ó seu home, xa que el era profesor e viviron na escola, que aínda dura pero bastante deteriorada. Uxío apegoulle o seu afán polas letras e comezou a escribir, ata que a leucemia a levou á tumba, foi enterrada no cemiterio de Seoane de Caurel.

   Uxío Novoneira é un gran poeta, nos seus libros sempre facía referencia a Parada e ó Caurel, debido a que esta era a súa terra natal, entablou gran amizade con María Mariño. Posúe unha gran casa nesta aldea, que é visitada por numerosas persoas.

   Ambos os dous poetas deixaron unha pegada moi grande e importante tanto en Parada como no Caurel.

NOITE CAURELÁ. María Mariño

 

Ládranlle á noite os cas i ela ben cega o ucedo.

                Tiñe os aires a noite. Nela síntese medo.

                A noite téndese ó sono que a aurora espera cedo.

 

               A noite foi un cantar dun fiel ben en voz-deserto

               ¡Canto choio dil me veo polo eixe do seu verso!

 

                                                               Pastoriñas que fiades na roca das esperanzas,

 entre penedos e uces, sabedes de torres altas...

             

                                          Cantades versos de vello ferindo a miña lembranza.

                                          Aprendede o que ensaiei

                                          dinde que enteira son de toda miña arelanza.

OS EIDOS. Uxío Novoneira

 

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!

Eiquí síntese ben o pouco que é un home...

 

                                          AUGAS Brancas da Rogueira!

                                         Bouzas pechas d´uces e xestas!

                                         Abrairas teixos faias xardois reboleiras!

 

                     Outo bosco calado!                           Non hai outro templo mais vasto

                     nin outro credo                                 Non hai outro templo mais vasto

                     nin outro credo                                 que este silencio...   

                    que este silencio...

                     Fontiñas do corzo!

                     Carrozos picafondo!

                  

Eva Méndez (3º ESO)

A FONTE DA LARUDA.

 

 

       A fonte da Laruda atópase en Santa Eufemia de Caurel.

 

   Esta fonte segundo din é unha das máis grandes de Caurel.

  Antigamente para poder moer o trigo e o centeo para facer o pan, esta fonte daba auga ós 3 muíños que había debaixo dela.

 

  Daba auga para regar os prados de Santa Eufemia e algúns da Campa. Ademais esta alimentaba a Canteira e a auga que sobra vai polo carrozo ó rio Lor.

                                                                                                                                                                                               Alexandre Vázquez Rodríguez

                                                                                                                                                                                                            Lucía Vázquez Rodríguez        

  

 

                          

 

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                

 

 

 

   


 

 ENTREVÍSTA ÁS TECEDEIRAS DE SAVANE (Lisa e Emilia González Gancedo)

                             

            -Cando empezaron a traballar de tecedeiras?

           Tecedeira:De sempre,desde que acordo que tecía miña avoa,miña nai,desde que valías.

           

           - Quen lles aprendeu?

           Tecedeira:Pois a avoa e a nai que eran as que había na casa.

              

          -Por que empezaron a traballar neste oficio?Por gusto ou por necesidade?

           Tecedeira:Antes por necesidade e agora porque me gusta.

           Como non había para mercar a roupa  entón faciase co liño.

 

          -Teñen moita demanda?

           Tecedeira:Bueno,agora menos que antes,agora as cousas feitas á man levan moito.

 

          -Que tipo de cliente se interesa hoxe en día por esta artesanía?

           Tecedeira:Xente maior que lle gusta,que quere ter un recordo do de antes.

 

          -Que pezas traballan máis?

           Tecedeira:Colchas,chales,bufandas e cousas destas.

 

          -Consideran que o prezo é elevado?Quéixanse os clientes?

           Tecedeira:A min non me parece elevado,xa que levan moito tempo.

           Tecedeira:Algúns si se queixan e outros recoñecen o traballo que leva.

 

          -Onde conseguiron este tear?

           Tecedeira:Xa era herdado da familia,sempre o acordo na casa.

 

 

          -É difícil de aprender o manexo do tear?

           Tecedeira:O manexo non,o máis difícil e urdir e poñer os fios

 

         -Impartiron algún curso relacionado con iso?

          Tecedeira:Si,varios, pero a xente aprende e despois non se dedica a isto.

 

 

 

Melissa e Noemí (1º e 2º ESO)


 

 

 

O MUÍÑO DE ROMEOR

 

         Este muíño pertence á casa de Galego. Nel móese o trigo para face-lo pan. Antigamente tamén se moía para os animais. Para pagar, fáise en especias. Non teñen unha cantidade exacta, cobran unha cantidade aproximada segundo a fariña que se moa.

         As partes do muíño son a tramoxa, o rodecio e a pimeira, que se divide en catro partes, primeira, segunda, terceira e cuarta, por iso hai fariña de primeira, de segunda, de terceira e de cuarta, e a dos animais.

 Para que funcione úsase a auga do río. A auga cae no rodecio e fai que este xire e, así mesmo, que xiren as dúas pedras que hai baixo a tramoxa. Cando a gra da tramoxa cae nas pedras, estas esmágana, a gra xa esmagada cae na pimeira e xa se clasifica segundo corresponda.

 

Montserrat Méndez Puig

                                                                                                1º de ESO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VALDOMIR

Valdomir está emprazado no concello de Folgoso de Caurel, pertencente á Parroquia de Folgoso de Caurel. É unha aldea moi pequena na que a penas viven 15 personas, pero ó lado de Valdomir hai outras dúas aldeas que s chaman A Pendella e O Touzón. Pasando esta última, collendo por un camiño de terra á man dereita, chegamos a unha ponte de madeira, cando a cruzamos, encontrámonos dous camiños, un que segue recto e outro á man esquerda. Se collemos este podemos chegar a un sitio que se chama “entrelosríos”, como o seu nome di, podemos ver os dous ríos máis importantes do Caurel, o Río Lóuzara e o Lor que se xuntan formando un único, caudaloso e bonito río con moitas troitas.

Antes de chegar onde se xuntan os ríos podemos ver unha cova que se chama “A cova do Mouchón” na que din os máis maiores do pobo que viviron os mouros. Pero nunca se soubo o que había nela xa que cando comenzaban a escavar para saber o que había, chegaban a un punto no que a terra que tiña enriba lles caía encima, volvendo a pecha-la  entrada.

En Valdomir tamen houbo unha ferrería  que pouca xente acorda en funcionamento, só os máis vellos, pero hoxe en día non podemos nin ver os restos porque os poucos que hai están tapados pola maleza.

Esta Ferrería din os nosos maiores que a  habitaron uns ferreiros moi ricos e cando se foron venderon todo o seu capital ós veciños do lugar, facendo así varios capitais xa que antes era todo deles dende o lugar de Valdomir ata cerca dunha aldea próxima que  se chama A Campa, incluída a ponte que hai para poder chegar a esta aldea.

Se non cruzamos esta ponte, que se chama a Ponte de Valdomir, seguindo recto chegamos a un lugar chamado Vilamor, que esta a 4.5Km, pero antes de chegar a Vilamor,  a un 1Km de Valdomir, aproximadamente, podemos atoparnos coa Pincheira de Rexío. É unha fervenza que no inverno trae moita auga e no verán está case seca por falta de choiva.

Victoria Pol , 3º ESO

 

 

       O CABALO DE SANTIAGO

 

Esta historia contouma meu pai,tivo lugar nun sitio chamado “Freán”, alí acudían todas as fins de semana el e mais o seu avó.Levantábanse cedo, almorzaban e ían xuncir as vacas e preparar o carro para ir en busca de herba para o gando,ó romper o día xa se sentía o renxer dos eixes do carro no lugar, xa que “Freán” quedaba moi lonxe e as vacas levavan un paso moi lento. Durante o  camiño o meu pai preguntábase como acabaría a historia que empezara a contarlle o seu avó había algún tempo. Ó chegaren ó lugar desxuncían as vacas do carro e o avó mandaba sentar o meu pai no cabezallo para que ó cargar a herba non se erguese.

 

          Mentras que o avó cargaba a herba contáballe unha historia relacionada co apóstolo Santiago para que o meu pai parase quieto,sempre lle contaba un anaco e para o próximo día continuaba co resto.A historia trataba do apóstolo santiago que nunha das súas frecuentes escapadas ós mouros, dende o alto dun monte, chamado “Alto do boi”, o cabalo branco, nun último momento de valentía e forza, impulsou as súas patas para dar un salto enorme que foi capaz de atravesar o río e os longos prados para ir deixar a súa pegada nuha enorme rocha que hai situada no lugar de “Freán”.Alí actualmente encóntrase unha pegada procedente da ferradura dun cabalo: O CABALO DE SANTIAGO.

 

           

                                                                      Marcos Vila López

                                                                              2º ESO

 

 SHAPE  \* MERGEFORMAT


Principal Arriba