|
|
|
|
4. CURRUNCHO LITERARIO DE PRIMARIA O GATO QUE QUERÍA SER DEPUTADO
Érase unha vez un gato chamado Federico, que vivía na rúa con outros moitos gatos. O seu costume era ir ata o Parlamento mirar qué facían os deputados. Chegábase ó cristal da ventá, pegaba o fociño para ver ben, e alí pasaba horas. Outras veces colábase pola porta principal e ía de sala en sala sen que o viran. Un día, mentres estaba no corredor do Parlamento oíu que uns homes dicían que ían recolle-los gatos que había na rúa. Non tiña moi claro o que querían dicir, de feito tiña oído de moitos compañeiros desaparecidos que ninguén soubo nunca máis qué pasara con eles. Federico púxose moi nervioso e o primeiro que razoou foi ir contarllo ós seus compañeiros. Todos se puxeron moi contentos cando oíron a noticia e Federico non entendía nada, entón díxolles que el non o tiña tan claro. Como empezaron a preocuparse porque non era o mesmo unha cousa ca outra, decidiron ir todos ó Parlamento preguntar. E alá foron. Entraron por unha porta pequena e foron á sala onde estaban tódolos parlamentarios reunidos. Eran centos de gatos por toda a sala e a xente estaba asustada pola invasión, entón Federico pediu silencio e dixo que só estaban alí para preguntar unha cousa, que non se asustaran. Preguntou qué querían dicir con “recolle-los gatos da rúa”. Entón un deles contestoulle que querían que dende ese día os gatos tiveran unha casa onde poder comer e durmir sen ter frío, porque había moita xente voluntaria que quería facerse cargo deles. E tódolos gatos empezaron a saltar de alegría. Entón Federico aproveitou para dicirlles que o seu grande desexo era ser deputado do Parlamento, que o faría moi ben porque levaba moito tempo observando cómo facían eles. O deputado díxolle que iso non podía ser, pero que o nomeaba deputado de tódolos gatos, se eles estaban de acordo e que viñera cando quixera falar con eles das súas necesidades. E así foi, todos estiveron de acordo e Federico cumpriu o seu soño. Por certo, foi moi bo deputado.
Melissa 4º Primaria
Hai uns anos cando eu era pequeniña e ía en Ed. Infantil nun colexio situado en Seoane de o Caurel comezou a construírse o Parlamento de Galicia. Os encargados da obra e máis da decoración eran os melloriños que había por aquel entón, xa que todos querían que o Parlamento fose o edificio máis bonito e deslumbrante de todos. Pasados uns anos o Parlamento xa estaba construído e en verdade que así fora, aquel era un dos edificio máis bonito e deslumbrantes de todos. Hai algúns anos o meu colexio fixo unha excursión e decidiramos ir ve-lo Parlamento de Galicia. Cando chegamos, un home moi amable ensinounos todo o edificio, e tamén nos explicou qué facían en cada sala. Díxonos tamén que cada catro anos facíanse eleccións para escoller ó presidente do Parlamento, este era escollido democraticamente. Ó acaba-la excursión e xa de volta na casa, todos lles contamos ós nosos pais o que víramos e que o pasáramos moi ben. Ó día seguinte cando regresamos de novo ó colexio, a nosa profesora mandounos facer un traballo sobre o Parlamento de Galicia e sobre todo o que nos explicaran na nosa viaxe. Tódolos traballos eran impresionantes, pero o que máis nos gustou a todos, e tamén á profesora, foi o traballo dun neno que puxera moito empeño en facelo. Días despois, a profesora viu nun cartel que había un concurso de traballos sobre o Parlamento e decidiu manda-lo traballo do noso compañeiro. Pasados uns días recibimos unha carta que poñía que o noso compañeiro gañara o primeiro premio. Pasada unha semana foi recolle-lo seu premio, estaba moi contento, tamén nós, é dicir, os seus amigos e amigas estabamos moi contentos de que gañase xa que era un rapaz moi bo, comprensivo e moi bo amigo cos demais, era o amigo ideal. Pasaran moitos anos dende entón, tantos que este rapaz casara, e como sempre se lle dera moi ben o de escribir, xa que dende que gañara o concurso do Parlamento seguira participando en moitos concursos máis e gañándoos, converteuse nun escritor moi famoso, pero por moi famoso que chegou a ser, nunca esqueceu ós seus verdadeiros amigos que fora conseguindo durante anos coa súa comprensión e cariño. Eva Méndez 6º Primaria 7. CONTOS ILUSTRADOS
A DOUTORA E O BOMBEIRO
Había unha vez unha doutora que vivía nunha illa moi pequena e traballaba nun hospital...
Un día a doutora perdeuse e unha alfombra máxica foina a buscar para levala ó hospital. Polo camiño atopou un astronauta que tiña unha lanzadeira de cohetes e foi con ela á terra.....
O astronauta fixo unha casa para vivir e un día que tiña moito frío encendeu o lume e queimouse a casa e chegou o bombeiro e apagou o lume. Entón o astronauta e o bombeiro fixéronse amigos...
Un día o astronauta volveu ó seu planeta e a doutora e o bombeiro quedáronse moi tristes pero moi pronto volveu e todos se puxeron moi contentos...
IVÁN LÓPEZ O BOSQUE QUE SE QUEIMOU
Había unha vez un bosque no que vivían moios animais pero un día ardeu e os bombeiros apagaron o lume...
Tódalas prantas arderon e os animais tiveron que marchar porque non tiñan comida.
Cerca do bosque había unha cova e algúns animais ían alí a buscar comida, pero moi pronto a comida
acabouse... Entón os animais empezaron a sentir moita fame, algúns enfermaron e outros morreron...
Un día chegou un astronauta, levou os animais con el e foron buscar un lanzacoetes para marchar todos xuntos a outro planeta.
Andaron moito polo espacio ata que por fin atoparon un planeta no que había moitos animais e plantas e dicidiron quedarse alí. Aquel planeta era moi grande e tiñan moitas covas e túneles enormes..
Os animais pasábano moi ben nese planteta, tiñan moita comida, xogaban, rían e eran moi felices pero pronto empezaron a acordarse do seu antigo bosque e todos se sentían cada vez mais tristes.
Un día foron a buscar o astronauta para que os levara outra vez o seu antigo planeta...
No antigo planeta vifon que aínda non había comida, entón decidiron ir ó planeta novo e traer sementes pra prantar e así moi pronto o seu bosque volveuse encher de prantas e animais e quedáronse alí para sempre, pero de vez en cando chamaban o astronauta para que os levara de visita ó outro planeta porque tamén lles gustaba moito.
José Méndez |
|
|