Actividades


Principal Arriba

 


 

2. CRÓNICA DE ACTIVIDADES

 

 

O MAGOSTO

                             Iria Mendez (3º ESO)

 

Este ano a tarde do día 3 de novembro dedicouse a festa da castaña, un producto moi típico nese tempo polo lugar. Despois de comer os alumnos de 3º e 4º de E.S.O en lugar de subir á clase como facemos sempre, quedamos abaixo no patio para ir preparando todo. Uns ían facendo o lume, outros ían polas castañas e pola leña e o resto facía os cucuruchos para poder comer mellor as castañas. Un pouco despois baixaron os alumnos de 1º e 2º da E.S.O para botarnos unha man, e por último cando xa todo estaba preparado baixaron os de Infantil e Primaria. Unha vez todos xuntos puxemos música, para animar un pouco e comemos as castañas. Despois tamén cantamos a “Pastora do Caurel” e ó  final todos axudamos a recoller. O máis importante e que todos o pasamos moi ben.

 

 

 

 

 

 

 

O FESTIVAL DE NADAL

 

 

  Este ano o festival de Nadal celebrouse o día 22 de decembro. Comezou ás once e media da mañá.

 

             A presentadora este ano foi Eva (4º E.S.O), que nos felicitou o Nadal e presentou a primeira obra de teatro, que coma sempre é a que interpretan os alumnos de Infantil e 1º e 2º de primaria, titulada “O Belén”, que conta o nacemento de Xesús. Despois, os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria ofrecéronnos unha obra de teatro en inglés “Pretty Ritty”, e ó rematala interpretaron dous temas coa frauta: “Campaíñas do luar” e “Adeste fideles”.

 

 Cambiando un pouco de estilo, algúns alumnos de 6º de primaria e outros de 1º e 3º de E.S.O representaron un fragmento de “El sueño de una noche de verano” de Shakespeare, ó rematar esta, Marta (2º E.S.O) e Sara (4º E.S.O) interpretaron unha adaptación do sainete, “Ganas de reñir”, por certo moi divertida. Máis tarde os alumnos de 4º de E.S.O recitaron unha coñecida panxoliña: “Feliz Navidad”. De seguido, tamén os alumnos de 4º E.S.O coa axuda de algúns de 1º e 3º da E.S.O fixeron un simpático “Magazine”. Despois, voltando coas panxoliñas, as alumnas de 2º da E.S.O cantaron “Los peces en el río”. E para cambiar un pouco María e Edelys de 4º da E.S.O bailaron unha canción de Don Omar. E para rematar, os alumnos de 3º da E.S.O interpretaron outra panxoliña: “Blanca Navidad”.

 

Iria Méndez López, 3º ESO

 

                               
 

 

 

 

 

 

 

CRÓNICA DE ANTROIDO

   Como xa ves sendo tradición o venres catro de febreiro celebrouse no colexio o  antroido . Pola mañán houbo xornada escolar normal .

 

           Ó xantar poidemos degustar unha comida moi típica, como o é o cocido e de postre orellas. Despois  de xantar o centro vestiuse  de festa para celebrar dito acontecemento .

 

            Despois de dous meses de duro traballo para elaborar os disfraces, todos os rapaces lucíronos con moito orgullo.

 

            Cando xa estaban todos preparados, celebraronse por idade  na porta principal. Dende onde se iniciaría o desfile ó redor do colexio. Dito desfile encabezarono os cativos de infantil (estes cun disfraz moi orixinal) que nos dirixiron ó redor do colexio cunha gran maestría .

 

            Tamén o resto dos disfraces estaban moi traballados e todos tiña algo que os facía especiais. Xa máis tarde realizouse unha pequena sesión de fotos para inmortalizar o momento, que moitos de nós tardaremos en olvidar e seguro que botaremos en falta a ilusión e alegría que se  vìa no ambiente.

 

 

Eva Veiga Nuñez

 

 

 

 

 

 

8. ENTROIDO 2005

 

 

                           

 

                           

 

 

 

                          

 

  

5. APRENDEMOS   FÓRA DA AULA

CRÓNICA  DAS  EXCURSIÓNS  DE PRIMARIA

 

   D

 

 

 

 

 

 

ía 24 de febreiro fomos a Ourense tódolos grupos de 1º a 6º de Primaria. Saímos ás nove da mañá da Caixa Galicia en Seoane, pasamos por Folgoso onde tivemos que parar para recollera Victoria, Iván e tamén a Marcos. Pasamos por Quiroga, Monforte e por fin chegamos a Ourense sobre as once  da mañá. Baixámonos do autobús e estivemos no Xardín do Posío vendo os pavo reais e aves que había alí.

    Ás doce deixáronnos pasar á Muller Xigante, puxéronnos unhas batas e uns gorros de cirurxiáns, e xa vestidos, entramos na Muller, que é unha maqueta enorme do corpo humano. Dentro dela viamos tódolos órganos.A min o que máis me gustou foi ver cómo tiña o fillo.

    Saímos da Muller Xigante e fomos á Praza Maior.De alí dirixímonos  ás Burgas, que son unhas fontes de augas termais da época romana, tocámolas e estivemos sacando unhas fotos. Dirixímonos á Alameda en busca do autobús, que ó pouco chegou

 

 

a recollernos para levarnos comer á Chavasqueira. Alí había unha piscina de auga quente e había xente dándose un baño. Ó acabar de comer marchámonos a Monforte. O primeiro foi visita-los estudios de TV7, a televisión local de Monforte. Foi o que máis me gustou. Fixemos un programa entre Eva Méndez, Noemi, Lara e eu e Meli era a cámara. Pasámolo moi ben e fixéronnos unha entrevista que foi televisada.

    Volvemos colle-lo autobús que nos levou á Torre da Homenaxe, onde unha guía foinos explicando segundo subiamos, cómo  se entretían os condes que viviran alí, etc. Subimos ó máis alto, ás almeas, dende onde se divisaba todo Monforte. De volta paramos nun bar para ir ó baño e comprar algo para mata-la fame.

    Por fin chegamos a Seoane aproximada-                

                mente a algo máis das 19:30.   

  Pasámolo en grande

 

 

 

 

 Eva Pombo

 6º Primaria                                                                    

                                                                                 

 

EXCURSIÓN A LUGO

    O martes 26 de abril fomos de excursión a Lugo. Saímos de Seoane ás 9:15h da mañá porque tiñamos que estar en Lugo pouco máis tarde das 11:00h.

    O primeiro que visitamos foi o colexio “Las Josefinas” no que vimos unha obra de teatro:”Cuentos del Mundo”, que nos gustou moito.

    De seguido visitamos a catedral á que fomos andando dende as Josefinas  e entrando pola porta de Santiago, paseamos pola praza de Sta María e subimos á Muralla. Durante o  percorrido, as nosas profes nos foron explicando cousas do que iamos vendo.

    Ás 13:00h saímos cara a Outeiro de Rei, onde visitamos o parque natural de Marcelle. A comida foi ó aire libre nun merendeiro cuberto dentro do recinto. Cando rematamos de comer dividímonos en dous grupos e cada grupo foi visitando os distintos recintos con diversos animais e acompañados por un guía que nos ía explicando todo

        

   Entre os animais que máis me gustaron estaban as cebras, os dromedarios e a llama. Os dromedarios chamáronme a atención porque son capaces de beber máis dun litro de auga dun só golpe e ademais, os mocos que lle baixan do nariz sórbenos de novo pola boca para aproveitar tódolos líquidos cando están no deserto.

    Da llama o máis chamativo foi que se alguén se achega a           

 ela cúspelle

                                                                                                        Jessica Jato

                                                                                                        6º Primaria

 

6. MISCELÁNEA DE ACTIVIDADES (PRIMARIA)

 

   Este ano foi un ano cheo de actividades varias, escursións,...

   Celebramos varias datas especiais. Falamos de celebracións típicas inglesas: o Halloween, Thanksgiving, Armistice Day,... Tamén celebramos e falamos de datas como o Día da Paz, Día dos Dereitos Humanos, Día do Libro. Todo isto nos valeu para aprender cousas, para traballar en grupo cos compañeiros, para buscar información.

     Fixemos unha unidade didáctica baseada na nosa visita a Ourense e a Monforte. Aprendemos moito, ata chegamos a face-la maqueta da Torre do Homenaxe de Monforte

     Incluso houbo unha Semana Cultural con actividades diversas. As actividades eran distintas para Primaria e para Secundaria. Entre as de Secundaria había dende charlas ata visitas e traballos relacionados co Quijote. En Primaria escribimos contos que ilustramos e encadernamos para intercambiar cos compañeiros. Fixemos un conto viaxeiro entre tódolos nenos e nenas dende 1º ata 6º. Incluso fixemos títeres  coa técnica de papiroflexia. Foi unha semana moi especial.

    Tamén presentamos traballos de narración e debuxo a varios concursos. Presentamos contos, carteis, maquetas, e aínda pretendemos participar         nun de reciclado que parece moi interesante e outro de debuxo xeométrico. De entre os concursos nos que participamos gañamos varios premios.   No da ONCE, que consistía en facer un debuxo dun dos capítulos do Quijote e describilo para unha persoa cega, gañamos dous primeiros premios provinciais, un en 4º e outro en 6º, e de premio déronnos uns reloxos que din a hora en voz alta.

     Outro concurso no que hai pouco participamos, “Entre nós en galego”,  tamén gañamos,  na modalidade de cartel e lema, un primeiro premio no 2º ciclo, e o segundo premio no 3º ciclo.

    A verdade é que nos presentamos a todo o que nos parece interesante.

 

   Aquí tedes as fotos dos nosos traballos, na maior parte deles traballamos en grupo, noutros, coma os contos, facémolo individualmente. Ás veces tamén nos axuda a profe a organizar ideas ou cando algo non nos sae nos di cómo podemos facer.

     

        

   As fotos anteriores son os traballos que gañaron os premios da ONCE e aparecemos nós na foto central lucindo o  noso premio, o reloxo que fala.

   Aquí podedes ver os carteis que presentamos ó Certame “Entre nós, en galego”. Grazas a gaña-lo premio fomos a Lugo a pasa-lo día e asistir á entrega de premios.

 

                                                      

 

 

 

 

 

   O último traballo que entregamos foi un sobre a Víbora de Seoane, da que aprendemos un montón de cousas. Neste si que necesitamos algo de axuda porque íamos fóra de tempo, pero valeu a pena porque recibimo-lo premio provincial por el.

             

 


 

7 . EXCURSIÓNS DE SECUNDARIA

 

 EXCURSIÓN A LUGO

 

    Os alumnos de toda a eso realizamos unha excursión a Lugo o pasado vinteún  de Febreiro. Saímos do c.p.i de Seoane de Caurel cara as once da mañà. A neve inpediunos ir por Piedrahita e tivemos que facelo por Quiroga. A viaxe foi tranquila e sen ningún imprevisto, pero chegamos cunha hora de retraso a Lugo. Era aproximadamente a unha da tarde cando fomos visitar o Museo Provincial. Alí unha guía explicounos e amosounos cousas sobre o mundo da  arqueoloxía. A nosa estancia no museo foi curta xa que às dùas pechaba dito lugar. Despois o autobús levounos a residencia do miño onde disfrutamos do noso sinxelo e apetitoso xentar. As tres e media de tarde dirixímonos ao colexio de San Xosè onde vimos unha obra de teatro baseada  na novela de “Quixote da mancha”. A obra na miña opinión foi moi divertida e durou aproximadamente unha hora. Cando saìmos do colexio moitos dos nosos amigos e familiares estàbannos esperando na porta para saudarnos e preguntarnos como nos fora a xornada. Con eles estivemos màis ou menos dez minutos, xa que tiñamos que voltar ao Caurel. A viaxe de volta tamèn foi tranquila e agradable. Cando chegamos a Seoane serìan a redor das sete e media do seràn. Estabamos algo cansos pero ledos por aprender novas cousas e ademais por perder un dia de colexio ja, ja, ja……

 

 

 

 

 

                                                                   Sara Rodríguez novo

                                                                           4 eso

 

Excursión a Andorra

 

     O pasado 22 de Xaneiro, fixemos unha excursión  a  Andorra. Coa axuda dos profesores Jorge e Verónica, organizamos a viaxe.

     O día sinalado acudimos polo serán a Piedrafita do Cebreiro onde iamos esperar o autobús. Viaxamos con outro instituto de Cervo, toda a noite. Ó día seguinte chegamos  á Andorra. En primeiro lugar alugamos o material de esquí. Un anaco maís tarde desprazámonos ó hotel onde nos iamos aloxar, para deixar o equipaxe.

     De luns a venes o horario foi o mesmo: madrugar para aproveitar o día esquiando, xantar nas pistas, pola tarde tempo libre e á noite, cea nun restaurante próximo ó hotel. Durante os días que esquiamos, monitores especializados impartían clases onde nos ensinaron o básico.

     O mércores á noite visitamos o balneario de Caldea. Alí puidemos disfrutar dos baños romanos e das grandes piscinas, entre outras cousas.

    O xoves con iso de que era o último día, os profesores deixaronnos saír un pouco de xoldra.

     O venres pola mañá esquiamos, e pola tarde preparamos a equipaxe para logo saír cara Galicia. Viaxamos durante a noite e chegamos aquí de madrugada.

     Foi xenial, penso que a todos os que fomos quedounos gana de repetir. É unha experiencia única.

 

 

María Vila López

4º E.S.O

 

 

 


Principal Arriba