|
|
|
|
9. CURRUNCHO LITERARIO DE SECUNDARIA
“Las injusticias del mundo”
Miro alrededor y veo un montón de niños tristes, pasan hambre, tienen miedo, tienen muchas ilusiones y sueños.
Miro alrededor y veo un mundo de malos tratos, mujeres que sufren, sienten miedo, lo ven todo negro.
Injusticias en el mundo, injusticias en los países, injusticias en el planeta. ¡TODO SON INJUSTICIAS!
Eva, Marta Pol, Marta Vázquez, Pilar, Sonia. 2º E.S.O. “El dolor del 11-M”(Todos con el 11-M) Que el dolor sea semilla para que engendre muchas primaveras.
Dolor. Tristeza. Solidaridad.
Que el mundo entero sea uno y no deje que vuelva la catástrofe del 11-M.
Tristeza.
Con gritos y dolor recordamos este día. Todos juntos, a las víctimas les rendimos homenaje.
Dolor. Tristeza. Solidaridad.
Que el mundo entero sea uno de paz, amor y felicidad.
Eva, Marta P., Marta V., Pilar, Sonia. 2º de E.S.O.“Himno”
Somos cinco compañerascon ideas diferentes, pero hay algo que nos une: nuestra amistad para siempre.
Si vivimos separadas de las ciudades, del mundo, no importa porque tenemos mucho monte, mucho arbusto.
A veces nos apetece comprar en “El Corte Inglés”. No importa si no podemos, ya compraremos después.
Nos gusta la ropa cara, nos gusta comprar en “Zara”, en “Berska” y en “Pull & Bear” y salir con los amigos los sábados y domingos. Nos sentimos bien así.
Aunque aquí hace mucho frío, lo tenemos que aguantar. Vivimos en la montaña con nubes y tempestad.
El colegio no es gran cosa, pero tampoco está mal. Somos muchas chicas malas y poquitos chicos buenos.
Eva, Marta P., Marta V., Pilar, Sonia. 2º E.S.O. “Amistad” Amistad, palabra triste que nos hiere el corazón, cuando un tormento de Amor entre nosotros existe,
ser tu amiga me pediste, pero yo no lo consigo, porque me falta el valor para mirarte a tus lindos ojos y no demostrarte AMOR.
Hoy yo siento un gran dolor que el mundo será testigo que en vez de llamarte “Amor” te tengo que decir Amigo. Edelys, en Cuba
“El verano es algo extraño”
El verano es algo extraño. Yo no entiendo la razón, pero todas las personas brillan como un sol. Todas menos yo.
Yo tengo el alma partida de pena y de dolor: la persona que más quiero se ha ido sin decir adiós.
¿Qué puedo hacer para remediarlo? No sé, no tengo ideas. Sólo sé que el corazón lo tengo partido en dos.
Siempre me pasó lo mismo. Siempre me han dicho adiós, pero esta despedida sería tan dura que no sé si podría con tanto dolor.
Espero que esto se pase con el tiempo y el amor, porque es fuerte la pena que un día me dejó.
El verano es algo extraño. No estoy feliz y contenta. Estoy sola y muy triste, pero espero que esto pase y vuelva a ser la misma de antes.
Eva María Aira Lolo 2º E.S.O. “El cuervo y el zorro”
Comiendo un zorro estaba y el cuervo le miraba. El cuervo preguntaba y el zorro le miraba.
De una vez respondió y el pobre queso se cayó. El cuervo bajó de la rama y cogiendo el queso se marchaba.
FIN Sonia Teijeira
LENDA RECOLLIDA POR MARCO MÉNDEZ RODRÍGUEZ
En Romeor había dous cans un na casa do Val e outro na de Fernando. Os cans empezaron a ladrar e os donos soltáronos. Os dous cans xuntáronse en pouco tempo e chegaron onde estaba o home dos lobos. Os cans atacaron os lobos para defender o home. Había un fabeiro e os lobos e os cans estropeárono todo. Os cans tarderon catro días en voltar ás súas casas porque foron perseguindo os lobos. O home era da casa de Pantón e retornou á súa casa san e salvo.
“UNHA EGUA Ó TROTE” LENDA RECOLLIDA POR ALEXANDRE VÁZQUEZ RODRÍGUEZ
Domingo estaba invitado a unha voda e como el tiña unha burra e tiña un amigo que traballara con el de servinte en África e era curmán da súa muller e parente del pensou “voulle pedir a D.Manuel Nogueira a súa egua” Cando ía camiño de Folgoso chegou onda el e petoulle na porta. Saíu a súa muller e preguntoulle: -¿Está D.Manuel’ -Si, agora sae- respondeu a muller -Ola parente, ¿non me deixas a egua para ir a unha voda? – díxolle Domingo -Non, teño unha viaxe – respondeulle Manuel O home volveu para a súa casa triste de desconsolado, ó chegar colleu a burra e marchou cara á Seara. Durante o camiño dicía “soo” e collía a bota de viño e pegaba un grolo mirando cara arriba e apretando ben a bota. Volvía a dicir “arre burro” e un pouco máis adiante “soo”, e cabalgaba o pobre home no seu burro vello e así chegou á voda cando xa esta terminara. O home retornou á súa casa coa bota chea de viño e polo camiño volvía a dicir “soo” e mirando cara ó ceo bebía un bo grolo de viño. Cando chegou a casa xa era de noite e aínda que non chegara a tempo para a voda viña moi ledo.
LENDA RECOLLIDA POR DAVID ÁLVAREZ MARCOS
Érase unha vez un home que estaba ó lado do castelo do Carbedo. Un día veu un home do Bierzo e preguntoulle se sabía dunha fonte, e el respondeulle que non pero non era verdade porque coñecía unha. Cando o home do Bierzo marchou el foi á fonte e púxose a escavar e atopou dezaseis varas de ouro e ó día seguinte foi a Lugo e vendeunas e trouxo seu burriño a tope de moedas de ouro. Así puido ir vivir a un bo lugar situado en terra máis chan onde está situado na actualidade o pobo de Carbedo
“O AMOR QUE TODO O PODE” LENDA RECOLLIDA POR MARI TOUZÓN FERNÁNDEZ
Existiu hai moitos anos un enfrontamento entre dúas familias ricas e poderosas que vivían unha preto da outra, soamente as separaba o río Sil Ámbalas dúas familias tiñan casas grandes como castelos, terras,... e de aí viña o motivo das súas moitas rifas porque cada unha delas quería ser máis importante que a outra. Un dos matrimonios tiña un fillo e o outro unha filla moi fermosa e cunha cabeleira loira e longa ata o van. Estes xoves namoráranse e esto provocou o enfado das respectivas familias. Por este motivo tiñan que verse en lugares agochadas. Pero a mala sorte marchou o seu destino. Un día ambas familias enteráronse deste amor segredo e prohibíronlles que seguisen véndose. Isto supuxo para eles un gran desgusto que os levou a fuxir e agocharse nunha cova para poder estaren xuntos. As familias enteradas do ocorrido decidiron tapar a cova para que non se visen máis neste lugar, pero sen darse conta de que os xoves amantes estaban no seu interior. Alí ventounos a morte, xuntos e namorados, e conta a lenda que a cabeleira da xove moza desfíxose co tempo aportando ó río Sil pequenas pebidas de ouro que podemos atopar nas augas do río
“A PORTA DA MOURA” LENDA RECOLLIDA POR MARÍA LÓPEZ LÓPEZ
Antigamente na Campa do Caurel viviron os mouros, e contan as persoas maiores do lugar, que vivían nun sitio que chaman “ a porta da moura” que é unha cova. Esta cova é moi grande e dentro tiña altares e unha campá na estrada, era moi bonita, os altares foran tallados na pedra e os santos foran facéndose ós poucos. A xente do lugar sentía medo porque contaban que algunhas persoas desapareceran e non se sabía nada delas, aínda que non se sabe certamente se era de certo verdade ou mentira. Moitas das entradas desta cova están tapadas por silvas e zarzas, só a unha delas se pode chegar porque está situada na beira do río cando é tempo de verán porque no inverno soben as súas augas e tapan a entrada debido ó moito caudal de auga que leva.
LENDA RECOLLIDA POR MANUEL VILA LÓPEZ
Cando entraba a primavera contoume meu pai unha historia que lle contara o seu avó cando el era neno. Alá polos anos 60 no tempo do outono, meu pai que era un rapaciño levantábase cando aínda non rompía o día para acompañar ó avó a ir buscar o gando. A avoa Matilde preparáballe unha rebanada de pan con aceite de oliva e azucre para que a fose comendo despois de beber o leite. O meu pai esperaba a que xunciran as vacas e apuxéranas ó carro e colocábase entre o dous estadullos de diante coa varan na man para irlle tanguendo ás vacas. Despois de camiñar media hora aproximadamente chegaban ó prado cando xa era de día. Alí había unha gran rocha e o avó dicíalle sempre a meu pai: -¿Sabes Liño que cando o Apóstolo Santiago montaba no seu cabalo branco parou por aquí? -¿De verdade? – dicía meu pai -Non ha de ser,ho! Ti estate quedo coa cabezalla do carro que cando acabe de cargalo de herba heiche de ensinar a ferradura do cabalo que quedou marcada na rocha Aínda ben non cargara o carro, meu pai que xa estaba inquedo de tanto esperar pegou un brinco e díxolle ó avó -¿Onde está?¿Onde está? Rodearon aquela rocha grande e alí estaba a forma de ferradura dun cabalo gravada na pedra -¡Ala! ¿E como é que está eiquí? -Está eiquí – dixo o avó – porque cando o Apóstolo viña perseguindo os mouros, ó chegar ó Alto do Boi, o cabalo branco pegou un salto tan grande que cruzou dende aquelas montañas ata este lado do río coa forza que traía quedou marcada a ferradura Eu non sei se o que quería o meu bisavó era que o meu pai lle coidara as vacas e o acompañase ou se era certa aquela lenda. E para comprobalo pedinlle a meu pai que nos levase alí pero cando chegamos á maleza apoderárase de todo e nada máis que puidemos ver unha cabana en ruínas. Algún día levaremos ferramentas axeitadas para desbrozar e poder ver así a marca da ferradura do cabalo branco de Apóstolo Santiago
ILDA, O LOBO , O CORZO E O XABARÍN LENDA RECOLLIDA POR ROCÍO FERNÁNDEZ MÉNDEZ
Ilda vivía nun castelo, a súa nai morrera e o seu pai facía moitas viaxes a países veciños por ese motivo case nunca estaban xuntos.
-Ilda, se me soltas prométoche traer moitos xabaríns ó Caurel e así virán moitos cabaleiros e se hai sorte poderás casar con algún O corzo tamén lle prometeu moitos corzos ó Caurel e o lobo díxolle: -Eu prométoche levar de aquí todos os lobos para que non coman nin os xabaríns nin os corzos Ilda decidiu soltar o lobo,o corzo e o xabarín. Pronto esta noticia correu por todo o mundo e viñeron a O Caurel moitos cabaleiros e os seus criados. Axiña Ilda namorouse e casou cun cabaleiro, despois da voda marcharon os dous desta fermosa terra.Ó marcharen os campesiños despedíanse de Ilda chamándoa “ a raíña da Serra” Non sabemos se Ilda, a dona do Castelo de Carboedo, é a mesma que Dona Ildara pois esta lenda pérdese na maxia do tempo
Ilustracións de Dna María del Carmen Pernas, profesora de Inglés de Primaria |
|
|