Bloque2


Principal Arriba

 

LEMBRANZAS DO NADAL 2007

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OS NOSOS ESCRITORES

 

                       CERTAME LITERARIO “UXIO NONONEIRA”                                                                                         

                                                                                                                                                                                                  

O 28 de novembro de 2007 o Xurado do certame “Uxío Novoneira”, integrado por membros do claustro do CPI de Seoane de Caurel,  decidiu outorgar, por unanimidade, os premios convocados do seguinte xeito :

 

CATEGORÍA INFANTIL

1º PREMIO: “O león vexetariano”, EL MONO.

2º PREMIO: “O neno que descubriu os osos do Caurel”, ESQUELETO.

3º PREMIO: “A nena”, LA REINA.

CATEGORÍA ADULTA

1º PREMIO: “ O vagalume esquecido”, AVELAÍÑA.

2º PREMIO: “Froilán o crego pillabán”, ABELLA.

3º PREMIO: “Poesía”, A CURUXA.

                                                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ENCONTRO CON XESÚS MANUEL MARCOS

 

            O escritor caurelao Xesús Manuel Marcos, natural de Seoane, tivo a amabilidade de vir a darnos unha charla ó Centro para falarmos da súa obra e da súa faceta de escritor.

            X. M Marcos cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e actualmente traballa como funcionario da Administración de Xustiza en Madrid.

            O escritoror falounos das súas obras máis coñecidas:

 

O brindo de ouro I. A chamada do brindo. (Premio Merlín 2004)

Fonte de Esperante.

A lúa dos Everglades (Premio Terra de Melide, 2007)

 

O brindo de ouro I é unha novela fantástica, na liña de O señor dos aneis de Tolkien, onde crea unha mitoloxía enraizada nas terras do Caurel (Terras de Quiroga, monte Cido, Visuña...). O autor díxonos que para marzo deste ano sairá ó prelo a parte II de O brindo.

            Un tema especialmente importante na obra de Marcos é a “decadencia existencial” do Caurel, é dicir, o abandono da xente nova porque cre que nestas terras non hai futuro para eles ou os seus fillos. Este aspecto trátase en relatos como “Hispasat” en Fonte de Esperante.

 

            Pero, á parte da súa obra narrativa, X. M. Marcos falounos da súa faceta de escritor dende un punto de vista máis amplo. Contounos que desde os quince anos foi un lector imparable e, a partir de aí, foi seleccionando os temas que máis lle interesaban para escribi-las súas propias obras. Entre os seus escritores favoritos citou a Faulkner, García Márquez, a novelística rusa: Tolstoi, Dostoiesvki... e, como non, os escritores galegos que, nas súas palabras, constitúen os alicerces da narrativa galega: Blanco Amor, A. Cunqueiro  e Ánxel Fole.

            X. M. Marcos confesounos que sentía nostalxia do Caurel e que nun futuro próximo pensa volver a residir en Galiza.

            Finalmente, asinounos algúns exemplares de O brindo de ouro para a biblioteca e pola nosa parte agasallámolo cun bote artesanal para os bolígrafos, e terminamos cunha foto de recordo de todos nós co noso convidado.

           

            :

 

                                 

 

CHARLA CON XESÚS ALFONSO PARADA JATO

Un día, o escritor caurelao Xesús Alfonso Parada Jato veunos dar unha charla sobre o seu traballo de investigación “Usos, costumes e cousas do Caurel”. Nela contounos algúns costumes típicos do Caurel, e despois fixemoslle preguntas variadas. No seu libro cita moitas lendas e moitas curiosidades, algunhas tan curiosas coma esta; “Un veciño de Meiraos que estaba a traballar nunha leira enriba de Seoane, afirmou que vira caer do ceo unha radio de tamaño mediano que se esnafrara no chan, e que el recolleu e mandou arrancar e incluso duroulle moitos anos ¿de ónde caera? Esta é ¡unha boa pregunta!”. En fin, foi unha experiencia moi interesante na que aprendemos bastantes cousas.

 

José Antonio López Fojo

2º ESO

 

 

 


Principal Arriba