Bloque5


Principal Arriba

 

ÍMONOS DE EXCURSIÓN  

 

a Andorra  

 

                     O pasado 12 de Xaneiro saímos de Sarria ás once e media da noite. Ó longo do camiño paramos tres veces, antes de chegar a Andorra. Ó chegarmos, fomos comer. Cando terminamos dirixímonos ó hotel para deixar a equipaxe, e alugamos os esquís. Logo descansamos un pouco e fomos cear.

 

O luns pola mañá ergémonos ás sete e almorzamos no hotel. Ás oito e media saímos cara a estación de Ordino. Ó chegar puxemos os esquís e as botas, e empezamos as clases. Dividímonos en dous grupos. Ós que lles era o segundo ano, ían nun grupo, e ós que nos era o primeiro, iamos noutro grupo. As clases duraban dúas horas, e tiñamos un anaco de tempo libre para esquiar pola nosa conta. Á unha e media comiamos, pero tiñamos que servirnos nós mesmos e entregar un tique. Despois de comer esquiabamos un anaco. Antes de subirmos ó autobús cambiabamos as botas e xa volviamos ó hotel.

O mércores cando chegamos de Pal, xa que tivemos que cambiar de estación por culpa do mal estado da estrada, fomos ó Balneario Caldea.

 

O xoves tivemos que ir a Pal outra vez e subir no telecabina, igual que o día anterior. Pero á tarde saímos máis cedo porque ás cinco e media iamos patinar sobre xeo.

A pesar de todas as caídas que tivemos, pasámolo moi ben durante esas dúas horas. Cando chegamos ó hotel preparámonos, fomos cear e marchamos a unha discoteca deica as doce e media.

O venres só esquiaron catro persoas. Para comer déronnos unha bolsa cun bocadillo, ensalada, froita e unha botella de auga. Despois de comer, cambiámonos e saímos da estación para devolver os esquís. Logo fomos buscar as maletas ó hotel. E ás dúas e media saímos de volta para a casa. Desta vez só fixemos dúas paradas, unha en Zaragoza e a outra en Burgos.

Cando chegamos a Pedrafita eran as dúas e cuarto da madrugada.

  Pasámolo moi ben, foi unha experienciaa moi bonita que lembraremos sempre. MONTSERRAT MÉNDEZ , MELISSA SÁNCHEZ  ,   LUCÍA VÁZQUEZ. 1º E.S.O 

 

 

ÁS PONTES

 

      O Xoves 27 de marzo fomos de excursión Ás pontes. Alí vimos a Central Térmica de Endesa onde nos explicaron moitas cousas, e tamén nos ensinaron un muíño de vento por dentro. Alí amosáronnos como controlaban os muíños por ordenador. Despois fomos ó centro comercial As termas, alí comemos, cada un  podía comer onde quixese. Despois de comer deixáronnos andar de compras ata as 6:00. Chegamos a Seoane ás 7:30.

 

Pasámolo moi ben.

 

                                                                                                                             Montserrat Méndez Puig

 

                                                                                                                                                                   1º da ESO 

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 A SANTIAGO

 

            O pasado mércores,2 de abril,acudimos a Santiago os alumnos da ESO.

          A saída foi dende Seoane ás oito da mañá.Non chegamos a Santiago deica as once onde fomos directos ó colexío LA SALLE,a ver unha obra de teatro ou musical AULAS  REBELDES.O musical terminou sobre as doce e media,e logo fomos a ver a zona antiga de Santiago(onde podemos citar  a catedral de Santiago).

            Dentro da catedral fomos polo deambulatorio e vimos o sarcófago do Apóstolo  sen molestar a ninguén.O profesor de Ciencias Sociais foinos explicando todo sobre a arquitectura.  De  seguido fomos ver as universidades,as residencias de

 estudantes,etc.Cando acabamos,comemos en Área Central,onde puidemos  aproveitar para ir de compras. Regresamos a Seoane ás oito da tarde.

            A excursión foi moi interesante e divertida.

 

 

                                                                                                                            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN ANDALUCÍA-PORTUGAL

CÓRDOBA

O pasado xoves 24 de Abril saímos de Seoane ás 6 da maña en dirección a Córdoba.

A viaxe durou unhas 12 horas aproximadamente. Paramos a comer nunha estación de servizo. Ó chegar a Córdoba, fomos  leva-las maletas ó hotel. Logo, dende o hotel, acompañados por unha guía saímos en dirección á muralla de Córdoba e visitamos as súas rúas, entre outras a das flores. Estivemos vendo a Mesquita e a catedral. Cando regresamos da visita fomos ó hotel, alí ceamos e despois cada un foi para o seu cuato.

 

Montserrat Méndez Puig

 

 

GRANADA

O día 25 de abril, máis ou menos á hora de comer, chegamos a Granada. O primeiro que fixemos foi levar a equipaxe ó Hotel que se chamaba Aben-Humega e despois fomos xantar a un bar.

Máis tarde fomos ver a Real Capilla de Granada onde están as tumbas dos Reis Católicos. De seguido fomos dar unha volta por Granada , comemos xeados e percorrémo-la cidade nun autobús turístico que nos ía amosando os lugares máis importantes de Granada.

Pola noite ceamos sobre as 20:30 e logo fomos a un “tablao” flamenco, que estaba situado dentro dunha cova. Chegamos ó hotel sobre as 00:00.

Ó outro día tivemos que madrugar algo. Almorzamos no hotel e logo dirixímonos á Alhambra. Alí acabamos moi cansados xa que andamos máis de 6 km e subimos máis de 300 escaleiras e ademais facía unha calor  insoportable. Na Alhambra vimos moitos palacios importantes como o palacio de Carlos V e tamén uns xardíns impresionantes.

Sobre 15:30 saímos de Granada cara Málaga. No camiño paramos a comer un bocadillo que tiña forma de rosca e dentro levaba xamón e aceite que é unha comida típica de Granada.

 

 

                                                              Rocío Fernández Méndez.

                                                                           4º ESO

TORREMOLINOS, MÁLAGA

 

   O día 26 chegamos pola tarde a Málaga, alí visitamos as Covas de Nerja, as cales están cheas de estalactitas e estalagmitas, son moi bonitas.

   Logo dirixímonos cara Torremolinos, onde nos iamos hospedar. Chegamos ó hotel, deixamos as maletas nos cuartos e fomos correndo á piscina que tiñamos no hotel, por certo, neste hotel onde tamén almorzabamos había uns camareiros moi simpáticos.

   Despois fomos dar un paseo polo porto e pola praia, un sitio moi agradable.

   Ó día seguinte levantámonos, almorzamos e fomos ata Málaga ver o museo Picasso, a catedral e un pouco a cidade. Sobre as 12:30h xa estabamos en Torremolinos no hotel e voltamos outra vez a piscina onde comemos e estivemos toda a tarde para poñernos morenos e aproveitar ata o último minuto.

   Por último ceamos no hotel, e fómonos á cama para descansar e viaxar ó día seguinte a Sevilla.

 

                                                                                       EVA MÉNDEZ LÓPEZ

                                                                                   3º ESO

                                                 SEVILLA

 

 

      O día 28 de marzo fomos a Sevilla, vimos a Catedral de Sevilla, nela había que subir moitos pisos por unha rampa, e contáronnos que o muecín para chamar os árabes á oración tiña que subir cinco veces ó día, e para iso utilizaba un pequeno asno, e tamén vimos a famosa Xiralda de Sevilla. Estivemos andado polas rúas de Sevilla, e a guía foinos ensinando os sitios máis importantes, tamén nos contou que algún ano estiveran a unha temperatura superior ós 50 cº, e regalounos unha mostra da “Agua de Sevilla”, que ulía moi ben, ainda que nós estabamos “un pouco” queimados polo sol de Torremolinos. Despois de ver os lugares mais importantes comemos nun parque uns bocadillos de salami e xamón york. Á tarde tivemos tempo libre para ir percorrer a cidade pola nosa conta. Á noite durmimos nun hotel chamado “Hotel Murillo”, que estaba moi ben, xa que tiña aire acondicionado e non había que estar fóra porque facía moita calor. En fin, pasámolo moi ben na cidade de Sevilla xa que é moi bonita e ten moitas cousas para ver.   

 

José Antonio López Fojo

Alexandre Valín Roca

 

2º ESO

   

PORTUGAL

 

   Despois de coñecer a cidade andaluza, dispuxémonos a ir ata Portugal. Chegamos ó mencionado lugar o 29 pola tarde, estendéndose a visita ata o día 30, no que rematamos a magnífica excursión por terras andaluzas e portuguesas.

   Unha vez instalados na cidade lusa, e con clima máis suave, tivemos a oportunidade de visitar as ruínas do Castelo de San Jorge, coñecido antigamente como Castelo dos Mouros. Foi un dos elementos máis conmemorativos de Lisboa que máis me impresionaron, xa que posuía unhas espléndidas vistas panorámicas, tanto da cidade coma do esteiro do río Texo. A ida e a volta deste monumento leváronse a cabo nun medio de transporte típico de Portugal: o tranvía. Frecuentamos, como non, o Mosteiro dos Xerónimos de Sta. María de Belén, ubicado no barrio de Belén. Unha guía acompañounos nalgunhas visitas, informándonos de diversos datos históricos. Outros monumentos da cidade que cómpre mencionar son o Monumento ós descubrimentos, o elevador de Sta. Xusta e a Torre de Belén, que tamén puidemos observar. Camiño de regreso, fixemos unha parada en Coimbra, para coñecer unha especie de “mundo para os pequenos”, é dicir, un lugar no que había casas, igrexas…(como as de hoxe en día), pero dun tamaño reducido.

   Ás 9:30h xa estabamos de volta no Caurel, despois de pasar unha estancia inesquecible polo sur e oeste da península, sendo o meu destino favorito  Sevilla.

 

 

                                                                                   JESSICA JATO  3º DE ESO

          


 

 LETRAS GALEGAS 2008

 

Xosé María Álvarez Blázquez

 

            O escritor Xosé  María  Álvarez Blázquez naceu na vila pontevedresa de Tui no ano 1915.

            Foi mestre en Galiza e Zamora e profesor de instituto en Vigo.

Traballou pola cultura galega, creando varias editoriais, Monterrey e Castrelos, para publicar libros en idioma galego. Tamén escribiu libros de poesía, contos e outros nos que contaba cousas da historia de Galiza. Un dos seus libros de poemas máis importantes leva por título Canle segredo, dedicado á súa muller María Luísa. Outras publicacións importantes son A pega rabilonga e Roseira do teu mencer, dedicado á súa filla Colorín, pero tamén escribiu moitos artigos periodísticos, programas radiofónicos, obras de teatro... mesmo chegou a traballar na radio inglesa, contando cousas de Galiza e dos galegos.

            Polo seu labor en defensa da lingua e a cultura galegas, ó longo da súa vida, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras, o dezasete de maio de 2008.

 

Un dos libros de poemas que escribiu Xosé María dedicoullo á súa primeira filla María Luísa, á que lle chamaba Colorín, porque era alegre e coloradiña.

            O libro titúlase Roseira do teu mencer e nel  aparece este poema.

 

Arco da vella

Vaite de aí

Que as nenas bonitas

Non son para ti.

Fuxe chuvia, fuxe sol,

Fuxe roda de color

Que a neniña quer brincar

Coas areas do areal.

Vaite néboa, vaite vento,

Vaite cara de mal tempo

Que a neniña quer correr

Polas areas do ler.

¡Ai, miña neniña, nena,

Non se vai o arco da vella!

 

Aquí temos outro dos seus poemas pertencente ó seu libro Canle segredo.

 

Botar unha cometa

Era guinda-los soños

Todos pola fiestra.

 

Era poñe-la ialma

Por enriba das ponlas

Máis ergueitas da fraga.

 

Era andar cos miñatos

Nun outo vóo suspenso

Sobor da paz dos campos.

 

Era ter –cousa meiga!-

O corazón atado

Cun longo fío á terra.


 

 

         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DO LIBRO “A COR DAS UCES”

 

            O 23 de maio tivo lugar no noso centro a presentación do libro de poesía A cor das uces do escritor caurelao Xesús Alfonso Parada. Nesta 1ª achega poética o poeta amósase como un agudo observador do seu entorno para expresa-lo profundo agarimo que sente pola súa terra, pola natureza e os seus fenómenos, a sucesión das estacións e a mirada sobre os feitos cotiáns das xentes e da vida.

            Agradecémo-la presentación destes poemas que participan dun sentimento “panteísta”, de amor pola natureza , afín ó que recollen outros poetas lucenses, entre eles Xesús Manuel Valcárcel que estivo presente neste acto en calidade de editor; todos eles integran o chamado senti-MENTAL-ismo, cuxo manifesto xa foi dado a coñecer.

            Grazas a Xesús Alfonso Parada por facer partícipe ó noso centro de tan importante evento e gozade da lectura dos seus versos:

 

              VI

 

As brumas e néboas

            a herba tan verdiña

Tanta humidade!

O verán que se foi Que vén agora…?

a tristura, as froitas

as follas amarelas e logo secas

as castañas Verdes ou asadas?

Aínda queda lonxe

            ese día en que a voz

                    se escoite

            en que a tristura remate

que a maldade acabe.

 

                        Anacos do Caurel (A cor das uces)

 

 

                        I

Toxos floridos con flores amarelas

xestas brancas e tamén amarelas

carpanzo rosáceo, lila e carqueixas fortes e amarelas

nabelos con flores amarelas

            castiñeiros vellos e novos

enxertos e bravos

de amarelas candeas…

 

A xente non para a pensar

en cousas tan miúdas!

 

                       A cor das uces (A cor das uces)

 

 

PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA

 

OS DE INFANTIL E PRIMARIA TAMÉN FOMOS DE EXCURSIÓN

 

Tódolos nenos de Primaria e de Educación  Infantil fomos de viaxe á Costa de Lugo o día 30 de maio.

 

A primeira parada foi no Parque Eólico da Gañidoira, alí estivemos xunto a un aeroxenerador e cando continuamos vimos moitos cabalos soltos. Ó chegar a Celeiro, fomos ó porto e un señor explicounos cousas dos barcos, como se paraban, onde se “aparcan”…etc.

 

Logo fomos ver unha conserveira e así aprendemos que primeiro se tora o atún, despois métese nas latas, a continuación bótanlles o aceite e finalmente esterílazanse nunca máquina e métense en caixas de cartón etiquetado.

 

Logo volvemos a Viveiro e vimos as ruínas dunha mina e faláronnos dos ac cidentes que se producían nunha illa antes de instalar o faro de San Ciprián e contáronnos varias lendas, unha delas moi parecida á que nos contou o profesor en San Ciprián, por certo, alí foi onde comemos. Visitamos o faro e  explicáronnos que as bombillas son pequenas pero que os cristais son lupas que aumentan a luz. Alí estivemos na praia e collemos cunchas…Tamén nos fixamos na fábrica de Alúmina e nas ruínas dunha fábrica de salazón.

 

Saímos cara ó interior e paramos en Fonmiñá para ver o nacemento do Miño pero explicáronnos que o Miño nacía na Serra de Meira, no Pedregal de Irimia.

 

En Meira vimos a Igrexa, merendamos, compramos cousas e xa collemos camiño para a casa e chegamos moi cansados.

Alba, Samuel, Iván L, Vera, Lara, José, Iván A. (2º e 3º Ciclo de Primaria)

 

MAPA DA SERRA DO CAUREL

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Principal Arriba